Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Os vellos roqueiros descobren internet

Led Zeppelin venderá a súa música na rede

A banda británica, precursora do heavy metal, refusara participar no negocio dixital até o momento.

Redacción - 11:15 16/10/2007

Unha das últimas bandas de rock en rexeitar a venda de música na rede, Led Zeppelin, por fin ofrecerá o seu catálogo dixital aos seus seguidores. En primeiro lugar, está previsto que esta semana as súas cancións se distribúan como tons de teléfono móbil grazas a un acordo exclusivo coa compañía estadounidense Verizon. E todo parece indicar que a partir do 13 de novembro estarán dispoñíbeis as descargas de oito álbums de estudio da banda en diversos servizos de venda de música en liña.

A decisión da banda de vender a súa música en formato dixital é posíbel despois dunha dura disputa por administrar os dereitos do catálogo de cancións de Led Zeppelin, con clásicos como Stairway to Heaven ou Rock and Roll. Asemade, tamén o grupo está a piques de volver aos escenarios despois da súa disolución en 1980, tras a morte do seu batería, John Bonham.

Os tres membros sobreviventes, Robert Plant, Jimmy Page e John Paul Jones, tocarán o 26 de novembro nun concerto de homenaxe a Ahmet Ertegun, cofundador de Atlantic Records. O mesmo día sacarán á venda un dobre disco de grandes éxitos.

A pesar da negativa de vender a súa música na internet, o certo é que as súas cancións xa circulan dende hai tempo nas redes de intercambio de arquivos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: