Ao tempo, outra lei aumentará a renda que reciben as persoas maiores.
A diferenza do que se está a facer noutros países, a clase política de Bolivia pretende dar exemplo de honestidade. O presidente, Evo Morales, anunciou o luns que eliminará a renda vitalicia que cobran os ex-gobernantes do país mediante unha lei que está a tramitar a Cámara de Deputados.
Segundo Morales, “decidimos co compañeiro vicepresidente que cando marchemos do Pazo non imos percibir ningún salario”. Paralelamente, aumentará o salario que cobrarán todos os maiores de 60 anos até os 26 dólares mensuais (uns 18 euros), procedentes dos impostos que pagan as empresas petroleiras.
Até agora os maiores de 65 anos cobraban o denominado Bonosol, de 230 dólares ao ano. Evo Morales advertiu que, se o proxecto non sae adiante, cun Senado dominado pola oposición, aprobarao por decreto.
nunha parte fan igualiño que pérez touriño e quintana. ca particularidade de que os nosos van a subir até 15 euros/mes as rendas máis básicas sen ter petróleo nin gas. con ese quince euros, en o alto ou na paz, ó mellor pódese pegar algún burato no teito, pero aquí, co prezo que ten o onduline, non taparán nin o cú dunha monxa. pero inda así resultan encomiables eses 210 euros/ano, anque ridículos comparado cas prebendas funcionariais.
pero na outra, na que ten que ver cas súas soldadas, as nosas señorías non emularán nunca o lider aimara. eso é porque na culta europa, nin se fala en público de conquistas amorosas nin de cartos.
Se vende esos collares seguro que xa lle da para pagar un par de aumentiños.
Este se lo quiere llevar todo él...
Bastante decente é, polo menos no que atinxe ó sentido económico do personal político, e dadas as circunstancias na que se desenrola, non está nada mal esas cativas -en termos europeus- pero significativas subas da renda dos xubilados boliviáns.!!
Relacionado con Bolivia, anque só pola circunstancia do asasinato de €$tado, escribe tamén Ortiz, mais hai dous artigos moi bos, un de Pascual Serrano e outro, máis denso, de Carlos Morais.
http://www.rebelion.org/notici...
http://www.primeiralinha.org