Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
en trámite de ser incluída no catálogo de árbores senlleiras.

talada, por orde municipal, carballeira centenaria dunha carballeira de propiedade publica

    Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos tanto na provincia de Lugo coma no resto de Galiza. Na parroquia de Rioxoán, no concello lucense de POL, conservamos aínda unha carballeira de exemplares centenarios na que, ata non hai moito tempo, se celebraba unha importante romería, aorredor da capela adicada a Santa Petronila que hai no medio da carballeira e na que se conserva un valioso retablo barroco de mediados do século XVII, incluído, xunto coa capela, no inventario de bens catalogados. Na carballeira celebrababase tamén, - ata o 1947 -, unha importante feira quincenal, da que aínda ata non hai moito tempo se conservaban na carballeira alguns peitoriles de pedra usados como expositores. Trátase, pois, dun entorno que, - a maiores de constituir unha área de lecer natural para todos os veciños de Rioxoán e a maiores dos servizos ambientais que, como regulador do microclima e como paisaxe de singular interese, sempre ofrece unha carballeira -, constitúe un elemento inequívoco do noso patrimonio etnográfico e cultural.

ADEGA - 19:38 16/10/2007
Tags:

   Dende ADEGA estamos convencidos de que, para calquer persona cun mínimo de sensibilidade polo patrimonio natural e cultural do seu povo, estas deberan de ser razóns dabondo para tratar, non so de protexer e conservar esta carballeira, senón tamén de poñela en valor como valioso patrimonio natural de tamén importante sinificado histórico e cultural. En base a estas razóns empezamos por solicitar da Consellería de Política Territorial a modificación do proxecto da estrada de Meira a Baleira que, ao pasar por Rioxoán, propoñía talar, de forma innecesaria, toda unha fila de carballeiras para camiño de servizo nas marxes da estrada. A través da Delegación da Consellería de Política Territorial propuxemos deixar o trazado actual da estrada como vía de servizo e se deseñase, no seu lugar, unha circunvalación por fora do núcleo rural de Rioxoán e, no caso de non considerarse viable esta circunvalación no momento actual, que, cando menos, se modificase o proxecto reducindo ao ancho da calzada e construíndo beirarrúas (co seu alcantarillado e alumeado público) en lugar dos arcéns e cunetas que se propoñían no proxecto. Non se solicitaba, pois, máis que unha modificación do proxecto nun sentido que, ademáis, considerabamos (xunto cos veciños de Rioxoán) tarde ou cedo habería que acometer e que en nada empeoraba, senón todo o contrario, a calidade e os  servizos que o proxecto anterior podía ofrecer: e, efectivamente, así o entendeu a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial que aínda onte lle confirmaba á nosa presidenta, Adela Figueroa, que o proxecto tiña sido modificado e que xa non se afectaba á carballeira.

    Ao mesmo tempo que presentabamos ante a Delegación de Política Territorial esta petición de modificación do proxecto, presentamos ante a Dirección Xeral de Conservación da natureza unha solicitude para que, en base aos valores naturais e culturais desta carballeira, ela fose incluída no catálogo de árbores senlleiras ao amparo do Decreto 67/2007, de 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo de Árbores Senlleiras.
   
Dende o noso punto de vista, a tala desta carballeira non só demostra unha absoluta falta de sensibilidade por parte do Alcalde que ordena a súa tala, senón un auténtico escándalo que, dende logo, non pode quedar impune: auténtico escándalo
-    porque se trata dunha tala innecesaria;
-    porque se ordena unha tala duns carballos centenarios que non están xa afectados polo proxecto constructivo da estrada; e
-    porque, ademáis, se fai sen autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (autorización imprescendible xa que se trata dunha carballeira que ten iniciado os trámites para a súa inclusión no catálogo de árbores senlleiras)

Sabemos ben que pode haber veciños que, dende o seu ánimo egoísta, aproben esta tala ordenada polo autoridade municipal. A ests lles pedimos que saiban ver na carballeira un espacio de lecer e de importantes valores naturais que debemos aprender a valorar. Pero un Alcalde que se di progresista, que governa ademáis con votos prestados doutros partidos políticos que lle teñen feito reclamacións similares ás que nós prantexamos, debera demostrar outra sensibilidade. Esperamos que a Consellería de Medio Ambiente sí demostre a sensibilidade que lle corresponde exercer sancionando exemplarmente esta escandalosa actuación do Sr. Alcalde de Pol.


5/5 (5 votos)


Comentarios (3)

charino #1 16/Outubro/2007 charino

Un bo pau de carballo necesitaban algúns no lombo

cdrc #2 17/Outubro/2007 cdrc

Agora que o mal já está feito, que os regente paguem polo mal feito a esses NOSSOS carvalhos polo de pronto, fazendo como no bosque de Robín Hood:
http://www.vieiros.com/nova/61...

Mágoa de este país chamado Galiza esteja inzado de "Hood Robins" (roubam aos pobres para dar-lhe-lo aos ricos, e ainda por riba, cortam carvalhos...).

Dos 250000 utópicos carvalhos para Pol, eu planterei um.

CDRC

ecoe #3 17/Outubro/2007 ecoe

O alcalde TÚZARO!

E non dicían que fan falta permisos para talar carballos? Só para as xentes, é dicir, os propietarios e non para usurpadores do público como ése e outros alcaldes?

Si así fora, quenes decidiros participar no xogo de cartas marcadas de esta bananeira "democracia" ou dictablanda deberan dar explicación de qué se consigue (con sorte) e qué se perde!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: