Quen, cando e como debe votar na emigración? Entre a prudencia e o medo a tocar o tema en plena carreira preelectoral, os líderes políticos evitan compromisos claros ao respecto.
É urxente e necesario que os tres partidos deixen de utilizar ós emigrantes como moeda de troque: por votos, por escanos, por poder.
As excusas dos tres partidos son consideradas ofensivas por eles. O único que logran é remexer sobre as mentes xenófobas que confunden os nosos cidadáns que viven no exterior cos inmigrantes, especialmente cos ilegais. E moito coidado, que El-Rei tamén naceu no exterior e ninguén lle negou dereitos para gobernar ou regresar.
URXENTE TRATAMENTO DO TEMA E NON DEIXAR PARA LOGO DAS ELECCIÓNS
Coido que non lles interesa arreglalo antes das eleccións. Nin antes das xerais nin das próximas galegas. Eles saben ben por que.
¿Como pode un arxentino, por moito avó galego que teña, ser emigrante no seu propio país? Un arxentino que vive na Arxentina é arxentino, vale que nos queian facer pasar pulpo por animal de compañía, pero a cousa xaempeza a cheirar.
E ollo, nesta demagoxia de repartir nacionalidades tan culpables son o PSdG, o PP como o BNG. Non hai máis que oir a Touriño, Feijoo e Aymerich pedindo que se lle otorge a nacionalidade a todo quisqui de Sudamérica que tivera un avó/a galego.
habría que diferenciar el derecho de retorno de descendientes de gallegos con la igualdad de derechos con los residentes en el país
Jatopardo, non tan pardo... Co teu criterio El Rei Juan Carlos non é español pois naceu en Italia.
Pedrel, en primeiro lugar, a min o rei Juan Carlos impórtame un carallo, pero aínda así, tería dereito á nacionalidade pois leva unha chea de anos vivindo aquí, pero a maioría destes novos galegos de Sudamérica na vida puxeron un pe en Galiza, e polo tanto, nin son galegos nin creo que teñan dereito a elexir os meus representantes. ¿Quedou claro? O mínimo se queren ser galegos é que residan aquí, traballen e coñezan a nosa realidade.
Parece ser, polo dín alguns, que para ser "jalego" hai que coñecer a Galiza. Parece ben, que soio voten os que acrediten coñecer o país. Estou seguro que moitos dos que votan na Terra, perderían o dereito ao voto, pois polo que dín non teñen idea do que é Galiza.
Primeiro pensan que Galiza é un pedazo de terra delimitada polas catro provincias, e pareceme que non é asi. Galiza é principalmente un pobo, que vai moito máis ala das suas fronteiras adminstrativas actuais, e que ten, polo pouco, un de cada tres habitantes neso que chamamos "emigración".
Segundo descoñecen a nosa realidade histórica e cultural, pois a nosa historia, especialmente no seculos XIX e XX, non se pode facer sin contar coa GALIZA EXTERIOR, e xa non digamos a nosa cultura, que durante a longa noite do franquismo atopou refuxio na emigración (Consello de Galiza, Castelao, edicións de libros coma o Sempre en Galiza) en Arxentina e Uruguai, pero xa anteiormente da emigración veu o Himno, a Bandeira, a Real Academia,...
Terceiro, o tema economico e financieiro, polo que se ve descoñecen o inmenso aporte en recursos que aportou, aporta e aportara a emigración (xa que como todos sabemos sigue).
¿A que se lle pode ocurrir pretender restarlle a un pobo como o galego o inmenso potencial que representa a Galiza Exterior? Hai que ter moita iñorancia e moi pouco sentidiño.
E senon mirade para Irlanda e para o pobo xudeu, o palestino,...
Que for posibel que soio voten os que acrediten coñecer Galiza, xa veredes como cambia o mapa electoral. Pero a demo-cracia é a demo-cracia, para todo o POBO.
Claro, claro, nelbradam, estou seguro que os netos de emigrantes que elexiron nas pasadas municipais aos concelleiros de Tordoia ou Vilasantar, por poñer dous exemplos, estaban moi ao tanto da realidade deses concellos. Vamos, aposto un collón e parte doutro a que non tiñan nin puta idea de donde quedan.
Se a idea é a de facer galegos por todo o mundo, poderíamos poñer oficinas da Xunta en Burundi ou en Burkina Fasso, nelas, a cambio da nacionalidade, os homiños e mulleriñas terían que aprender a bailar a muiñeira e a facer lacón con grelos, vamos, máis ou menos o que están a facer os políticos en Sudamérica. Xa veriades cantos galegos moreniños novos saían.
O ano pasado a TVG fixo unha reportaxe entre os "galegos" de Sudamérica para ver o coñecemento que tiñan de Galicia. Uns pensaban que o Xacobeo era un prato, outros non tiñan ni pajolera idea de cal era a capital de Galicia. A única resposta que souberon era a do Presidente da Xunta, contestaron "Fraga", je, je, aínda non estaban ao tanto de Touriño. Supoño que por iso acaba de ir D. Emilio por Sudamérica, "eh, que o Presidente son eu, non D. Manuel".
A maioría dos galegos amosaron en todas as enquisas que se teñen feito que están en contra de que xente de fora de Galicia decida o futuro dos que vivimos e traballamos aquí. Pero hai algúns salvapatrias que nos queren meter gato por lebre e pensan que ser Galicia son eles. E ahí están, a adulterar a democracia, porque saben que é máis fácil mercar votos en Sudamérica que gañalos día a día na Galicia que lles da de comer.
xa que o "jalego" fai do particular o xeral, vouche contar que en Vilasantar había unha velliña das de pano na cabeza que dicía:
"Canto daría eu por irme desta puta "jalicia" ainda que non fora mais que pa Lugo".
Xa me diras como son os "votos carretados", os xubilados que os levan a votar co voto xa metido no peto, pero de que me falas home, de que me falas, ti denden logo non coñeces o país.
Por outra banda e sin que teña que ver nada con esto perciboche un "tufiño" racista, na forma en que te refires a xente negra.
Nas elecións municipais só deberían votar os residentes no municipio, naceran onde naceran, nas elecións autonómicas deberían votar os residentes e os nacidos en Galicia que están fora, xa sexa en euskadi ou en argentina pero só os nacidos en Galicia nen filos nen netos.
Na miña opinión "xesta" propon unha solución aceptabel. No tema das eleccións municipais o voto é "rogado", esto quer decir que a persoa ten que mandar unha carta ao concello solicitando o voto. As caralladiñas que se dan nas eleccións municipais son producto das manipulacións dos partidos maioritarios.