Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Certificado de Lingua Galega

A Universidade de León poderá facer exames do Celga

Nas vindeiras datas asinará un acordo coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que lle permitirá ofertar cursos preparatorios de niveis 1 e 4.

Redacción - 12:00 17/10/2007

O Centro de Idiomas da Universidade de León vai ofrecer, a curto prazo, cursos preparatorios para a obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga), nos niveis 1 e 4.

Nas vindeiras datas asinarase un protocolo de colaboración entre esta institución académica e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde tamén se recollerá a consideración da Universidade de León como centro examinador do Celga, aínda que será persoal da Xunta, institución que expide as acreditacións, quen avalíe as probas.

O acordo, segundo informan dende a secretaría xeral, dálle continuidade ao programa de lingua e cultura galegas xa existente en centros de educación primaria e secundaria do Bierzo, grazas ao protocolo de colaboración existente entre Política Lingüística e a consellaría de Educación de Castela e León.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística conta na actualidade cunha rede propia de lectorados de lingua e cultura galega en universidades de todo o mundo e coa colaboración do Instituto Cervantes, ademais de diversos acordos bilaterais con outros organismos e institucións académicas.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 17/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Universidade de León e o goberno C-L teñen que protexer o galego e os galegofalantes do Berzo, Seabra, Cabreira e resto dos territorios galegófonos, na escola e no liceo, o mesmo que aquí (teñen recoñecido o dereito no estatuto castelán). E ademáis facilitarlles a recepción das tv. portuguesa e galegas.

Tamén facilitar cursos de aprendizaxe do galego para adultos.

En democracia sería unha obriga, se houbera aquela, en bananeira hispánica, unha coña como sempre é.

ranciadas #2 19/Outubro/2007 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E para cando na universidade de Oviedo? E as mesmas cuestións que en León. Iso si que é sangrante e con goberno Psoísta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: