O estudo de "clima social" que achega a secretaría de Análise e Proxección indica que desemprego, vivenda e urbanismo, e salarios, son as tres preocupacións destacadas polos cidadáns.
Os datos do terceiro estudo deste ano sobre o clima social no país, elaborado pola Secretaría Xeral de Análise e Proxección da Xunta, amosan certa estabilidade nos resultados, aínda que as posturas da cidadanía están cada vez máis polarizadas, o que, segundo o secretario xeral, Xosé Manuel Rivera, responde ao clima preelectoral.
O barómetro trimestral amosa unha intención de voto directa en eleccións ao Parlamento dun 23,7% para o PSdeG-PSOE, un 16,9 para o PPdeG e un 13,7 para o BNG. Un 25,2% das persoas enquisadas amósanse indecisas. A valoración dos líderes políticos mantense estábel fronte ao anterior estudo: Touriño levaría un 5,63, Quintana un 5,07 e Núñez Feijoo suspendería cun 4,21. Mirando para os datos do estudo realizado antes do verán, apréciase unha mingua no apoio a cada unha das tres principais forzas políticas e un aumento da porcentaxe de indecisos, en até cinco puntos. O maior descenso sería para os socialistas, que perden até tres puntos en intención de voto, malia que aínda manteñen ampla marxe sobre o PPdeG, que deixa 1,3 puntos. O Bloque reduce en dous puntos a cifra obtida en xullo.
Un exemplo da polarización da sociedade é o feito de que medra a porcentaxe de galegos que se consideran “só españois”, que acada o 7%. No entanto, hai máis cidadáns que se senten só galegos ou máis galegos (o 7,3% e o 16,4) ca máis españois (7 e 6,8%). A opinión maioritaria segue a ser “tan galego como español”, co 61% das respostas. No referente á visión da situación económica, aumenta a visión negativa do país, cun 32,9% que a ve “mala” e un 3,4% “moi mala”. Porén, mantéñense os datos de anteriores estudos no referente á impresión que os enquisados teñen sobre a súa propia economía. Tamén segue a ser o paro a principal preocupación da cidadanía, cun 23,7%, seguida do urbanismo, co 11,6%. A pesar de todo, é “a porcentaxe máis baixa na historia de Galiza”, afirmou Rivera Otero.
Por outra banda, a visión da situación política do país é positiva, cunha porcentaxe máis alta de valoracións positivas (29%) ca negativas (27,8%). e tamén é optimista en canto ao status con respecto ao ano pasado e ás previsións de futuro. Para Xosé Manuel Rivera, “non existe unha visión de crispación co bipartito. Os galegos teñen asumido perfectamente o que é unha coalición de goberno”.
O estudo inclúe este trimestre unha aproximación aos hábitos vacacionais da poboación, que amosan que o 44,5% dos galegos dispuxo delas este verán, mentres que o 55,5% non o fixo, incluíndo sectores de poboación como pensionistas, parados ou amas de casa. O 38,6% das vacacións pasáronse nun lugar fixo de Galiza, o 28,1% en España e o 14,6% no estranxeiro, maiormente en Europa. A praia segue a ser o principal lugar de descanso, e facer deporte (20,4%), seguido de ir aos areais (18,3%) as principais actividades durante as xornadas libres.
Muy creíble esta patochada...el PSdeG-PSOE tiene una intención de voto directa del 23,7% y el PPdeG del 16,9%...¡¡¡¿¿¿PERO POR QUÉ LUEGO SIEMPRE RESULTA QUE EL PPdeG LE SACA 10 PUNTOS O MÁS AL PSdeG-PSOE???!!! Creo que tanto cocinar la encuesta, se les ha pasado demasiado el resultado...
Si manipulan la TVG cómo no van a manipular estos supuestos análisis...Dudo incluso que se hayan hecho las preguntas, como sucedía con las del EGM.
Pouca credibilidade ten unha enquisa cociñada polo goberno, pero non deixa de ser curioso que a maior caída sexa para o PSOE.
¡¡¡Lo que más me indigna es que sólo seamos un 7% los que nos sentimos únicamente españoles!!! ¿¿¿QUIÉN SE VA CREER SEMEJANTE PATOCHADA???
Prezada gaviotera:
Nom entendo a tua estranheza. Eu reconheço-me minoritário por me sentir unicamente galego; porém, parece-me que a totalidade devia estar no abano que vai desde a minha postura até a de mais espanhol do que galego, passando polas tanto / tanto ou mais galego. Nom comprendo como alguém deste país pode nom se sentir galego (combinando ou nom com um grau maior ou menor de espanholidade).
Entenderia-o no suposto de que acabes de chegar de Cáceres, Cuenca, Sória ou algum lugar parecido; se for assi os meus parabéns polo bem que compreendes já a nossa língua.
Por primeira vez, e sen que sirva de precedente, apoio completamente o comentario de Gaviotero.
Eses datos, cociñados ou non, sería un empate técnico entre PSOE e PP, xa que historicamente o PP ten máis votos ocultos que o resto de partidos. A derrota do PP está clara dende hai tempo, e supoño o bipartito durará polo menos 8 anos, como é normal, pero a enquisa ten moitísima incertidume. Que pasa con EU, TeGa e outros partidos? Por que non suma o 100%? Falta o NS/NC?
Aínda que a intención ao voto é moi discutíbel, penso que o PSdeG baixará e tamén o PP porque non ofrecen nada, ao BNG nestas enquisas da Xunta sempre se lle dá menos e vai ser máis que un 13%, nas últimas nacionais galegas foi máis dun 18%. Sobre o sentimento, está claro, especialmente entre a mocidade e a intelectualidade que o galego sobe sobre o español e alédome desas cifras porque chega a máis dun 23%. Un 7% de "españois" é unha cifra real, porque hai xente que di sentirse así e despois falas con eles e ese sentimento é moi etéreo, especialmente no rural. E xa sabemos os que non estean a gusto con Galiza, teñen a Madrid como alternativa española. Eu só me sinto galego, cen polo cento, o sentimento español para as gaivotas carroñeiras, que non sei de que teñen que gabarse, da ignorancia se cadra dunha historia chea de aldraxes e noxo.
E representan algo na Galiza "Izquierda Desunida", TEGA e os outros? Sexamos serios.
Outra manipulaçom de Tontiño.
PSOE fóra da Galiza.
Nenhumha agressom sem resposta.
Alguem pode dizer onde encontrar o arquivo completo da enquisa? Não vexo a ligação por ningures em ningum jornal.
O resto que falta para chegar ó 100%, ousexa 45%, non só son EU, TG, PG, FPG, Nós-UP etc., que non creo que sumen entre todos un 5%, senón que hai abstención(normalmente un 30%) e indecisos. Obviamente, tranquilo Gaviotero, a meirande parte destos indecisos votarán ó PP. Quedando a situación mais ou menos como está, 5 escanos arriba ou abaixo, salvo debacle dalgún partido.
Lenin, os indecisos son un 25 % -mira o texto. Polo que restando partidos minoritarios a abstención declarada rondaría o 15 %, non?
EU e TeGa están moi lonxe de conseguir representación, pero son os que menos. Se non me credes mirade os datos, sobre todo en Ferrolterra.
Ranciadas, o sentimento nacionalista é etéreo mires por onde mires (e se non compara os asistentes ao día da patria deste ano con rto. a anteriores). Con respecto á gaivota, resúltame moi triste que se identifique coa prea, pois só é preeira en ocasións, e pepeira en menos ocasións. Come peixe e a "carroña" é a versión castelá. O que quizais vos faga graza é que tamén é caníval, pois ataca aos poliños desamparados e aos adultos feridos.
Eugalego, penso que a palabra como arma arroxadiza non ten moito efecto, pero segue tentando... mellor que arroxar outras cousas.
Saúdos e a seguir buscando eses resultados da nosa transparente xunta.
"Os datos do terceiro estudo deste ano sobre o clima social no país..."
indican que vai haber un cambio climático.
Eu estou indeciso de se "botar" a Feijóo fora de Galiza, no AVE ou nun "AVEÓN"