De comisión en comisión e sen data para resolver o problema. Máis de dous anos despois do episodio co que concluíu a cita electoral do cambio.
Vai máis de media lexislatura desde que a viraxe política chegou en Galiza con suspense polo medio e o país enteiro mirando para a saca que chegara á provincia de Pontevedra cos votos da diáspora galega. Os grupos parlamentarios acumularon esta semana un feixe de cruce de acusacións do que, outra vez, non saíu un calendario preciso para a resolución do problema.
Poñendo todos os reparos que se queira ás enquisas feitas a través de internet, hoxe La Voz de Galicia pregunta se os emigrantes deben votar nas eleccións locais, e o 94% considera que non, e só o 6% pensa que deben ter dereito ao voto.
Penso que estes políticos que tanto se lles enche a boca falando de democracia, a lo menos por unha vez, deberían someterse á dictadura da maioría dos galegos e eliminar esa loucura de que os representantes políticos de aquí os elixan persoas que na maior parte non pisaron nunca Galicia.
"persoas que na maior parte non pisaron nunca Galicia" e ti como sabes esto, contacheos coñecelos a todos, porque fas esas xeneralizacións descalificadoras.
¿Ai non é certo?, ¿logo quéresnos facer crer que é moi alto o porcentaxe de netos de emigrantes que viñeron a Galicia?, ¿e os poucos que viñeron canto tempo estiveron aquí?, ¿15 días? vamos, máis ou menos o mesmo que están os galegos en Punta Cana de vacacións. Teremos que ver se tamén nos podemos votar nas eleccións na República Dominicana por pasar alí uns días.
O verdadeiramente escandaloso nelbrandam é que algúns intentedes violar a vontade dos galegos que como podes comprobar, está maioritariamente en contra do voto dos descendentes dos emigrantes galegos que non vivan en Galicia.
Aclaremos a terminoloxía, unha cousa son os emigrantes, e outra os fillos e netos dos emigrantes. Negarlle ou condicionarlle o voto aos emigrantes non é admisibel, o voto dos seus descendentes claro que pode e debe ser condicionado ao cumprimento de certos requisitos.
Pero as caralladas que pasan cos votos dos emigrantes, como as que pasan na terra cos votos dos vellos, son producto das "vivezas" dos partidos, un pouquiño mais de ética, non lle votemos a culpa aos emigrantes das manipulacións que fan os partidos, os emigrantes, os vellos, os pensionistas, etc. son as victimas, non os responsables das irregularidades que teñen lugar na emigración e en moito maior medida na Terra.
Coincido contigo que os emigrantes, é dicir, galegos de verdade que naceron en Galicia e polas razón que foran tiveron que emigrar deberían ter dereito ao voto como mínimo nas xerais e nas autonómicas. Nas municipais teño as miñas dúbidas.
Agora ben, estes galegos de novo cuño, é dicir, persoas con nacionalidade arxentina por poñer un exemplo, cuxo único mérito é que un dos seus antepasados foi emigrante galego, pero que naceron en Arxentina, viven en Arxentina, votan aos representantes de Arxentina, cotizan en Arxentina, e en moitos casos non son capaces sequera de ubicar a Galicia no mapa, decidan quen é o alcalde da miña vila ou a presidente da Xunta, cheira un pouco.
Estes novos galegos, que de galegos teñen o que eu de romano ou árabe, é dicir, un antepasado, na maior parte, o único interese que teñen por Galicia, e así o recoñecen eles, é ter as espaldas cubertas para que en caso de necesidade recibir axudas da Xunta. É dicir, teñen todo dereitos pero nin unha soa obriga. E iso paréceme unha tomadura de pelo. A terra para quen a traballa, e estes fillos e netos de emigrantes traballan para outra terra, non para a nosa.
Os políticos prometen sanidade, axudas sociais e todo tipo de prebendas. E eu, se é para os emigrantes galegos, vale, pero cos fillos, netos, bisnetos, tataranetos (porque os nacionalizados á súa vez van poder transmitir a nacionalidade aos seus fillos) non teño ningunha obriga.