Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enrique Múgica, Valedor do Pobo español

O Defensor do Pobo considera innecesario investigar gravacións ilegais a detidos

En resposta a unha petición do Movemento polos Dereitos Civís, considera que "non hai actuación administrativa contraria aos dereitos constitucionais" neste senso.

Redacción - 13:30 18/10/2007
O Valedor do Pobo español

O Valedor do Pobo español

O Defensor do Pobo (o Valedor do Pobo español), Enrique Múgica, afirmou que non investigará se se realizan gravacións de detidos con cámaras de móbiles ou outros medios por partes de membros de corpos e forzas de seguridade, xa que considera que non hai actuación administrativa contraria aos dereitos constitucionais e, polo tanto, non pode intervir.

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) transmitiralle unha queixa ao Defensor do Pobo e a Axencia Española de Protección de Datos -que aínda non contestou-, despois de que a Delegación do goberno español en Galiza lle contestara que está prohibido informar sobre este tipo de asuntos porque "vulneran o dereito á intimidade das persoas e a seguridade do Estado".

A queixa ten a súa orixe nas gravacións realizadas a unha muller detida en Cataluña por parte dun policía. O representante dun sindicato policial afirmou que era habitual gravar os detidos con teléfonos móbiles ou cámaras dixitais, para poder utilizar as imaxes como probas en caso de denuncias por malos tratos.

Expediente ao Fiscal Xeral do Estado
Segundo o MpDC, este xeito de actuar vulnera o artigo 18 da Constitución española (relativa ao dereito á honra, a imaxe e a intimidade), a Lei 15/99 relativa á Protección de Datos, a Lei 4/97 referida á utilización de vídeo vixilancia por parte das Forzas de Seguridade e, "posibelmente", o Art. 520 da Lei de Enxuízamento Criminal e o artigo 197 do Código Penal.

O MpDC está a espera da resposta da Axencia Española de Protección de Datos para lle enviar un expediente completo ao Fiscal Xeral do Estado e que este tome as medidas que considere oportunas.


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: