Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PAGAR PARA ESTAR INFORMADO

Que mercamos cando mercamos un diario?

As páxinas dixitais dos xornais deberían ofrecer unha información diferente da que sae na edición impresa

Redacción - 18:33 18/10/2007

Esa é a cuestión plantexada por Scott Karp no novo blog Publish2. A súa resposta axuda a comprender mellor as dificultades que atopan os diarios tradicionais cuando pasan a información á red.

Karp di que Cando mercamos un diario mercamos a información que nos dá sobre a actualidade, as novidades ou news, e tamén do contido de distintas naturezas (lecer, pequenos anuncios, palabras cruzadas etc). Todo isto baséase nun sistema de distribución asumido polo diario en cuestión".

Máis que unha convulsión da economía do contido, é a economía da distribución a que se ve transformada con internet. Pagamos para conectarnos a Internet e "negámonos a pagar una segunda vez para o contido".

O que é preciso reinventar é a economía da creación de contido... a menos que os sitios dos diarios na rede non se consideren tamén como mecanismos de distribución; é decir, que ofrezan o acceso a un contido moi rico e moi diverso da edición impresa. Agora ben, hoxe en día, limítanse a ofrecer o mesmo conxunto de información que en papel, "inda que algúns buscadores e proveedores de acceso á información nos abran as portas dun universo moito maior", resume Karp, que pensa, coma outros expertos, como Jeff Jarvis que "a nova economía das noticias non se baseará en monopolios de distribución, senón que se baseará na rede".


4/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 18/Outubro/2007 ecoe

O primeiro que mercamos é unha MERCANCÍA, producida por unha EMPRESA CAPITALISTA, directamente INTERVIDA POLO €$TADO, mediante SUBVENCIÓN DO PAPEL DE IMPRESIÓN (ningún xornal se pode manter polas suas ventas e publicidades), e mais, mediante a publicación de páxinas (dossieres ou individuais) de PUBLICIDADE ("información" só entendible como AUTOPUBLICIDADE producida polo propio organismo emitente), amén de outras subvencións (lingüísticas, como na Voz, A Nosa Terra, etc.

Como empresa CAPITALISTA defende o espectro dominante social e ideolóxicamente, polo que a sua línea será CONCORDANTE cos OBXECTIVOS ECONÓMICOS E POLÍTICOS que acaden aquela dirección.

Acabamos de asistir á valoración económica que COSTA e supón EXERCER O DEREITO DE OPINIÓN NO CAPITALISMO: tan só 6.500 millóns de nada. Quenes non dispoñemos desa cantidade non exercemos ren!

ecoe #2 18/Outubro/2007 ecoe

Referíame a El Público, e a que NON EXISTE na realidade NINGÚN DEREITO DE LIBRE EXPRESIÓN NIN DE LIBRE COMUNICACIÓN, pilar básico con que adoutrinan os burgueses liberais sobre as vondades da sua FALTA TOTAL DE DEMOCRACIA NA SOCIEDADE CAPITALISTA.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: