Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sentenza histórica

A xustiza recoñece por primeira vez o dereito dos cidadáns a apostatar

A Audiencia Nacional parou un recurso do Arcebispado de Valencia que quería impedir a cancelación da partida de bautismo, e daquela, a apostasía, dunha persoa.

Redacción - 11:45 19/10/2007
Un dos logos da asociación pro apostasía valenciana

Un dos logos da asociación pro apostasía valenciana

A xustiza estatal recoñeceu por vez primeira o dereito a apostatar. A Audiencia Nacional dálle un prazo de dez días ao Arcebispado de Valencia para que lle remita a Manel Blat González o certificado conforme exerceu o seu dereito de cancelación da súa partida de bautismo. Mais esta cancelación ao final hase materializar nun escrito na marxe do documento, xa que a Igrexa se basea en catalogar todos os seus documentos como de valor histórico, para non ter que desfacerse deste tipo de papeis.

Deste xeito o tribunal rexeitou un recurso que o Arcebispado tiña interposto contra a Axencia Española de Protección de datos, á que recorrera Blat para conseguir apostatar.

Un complicado proceso que moitas veces non chega á súa culminación
O Arcebispado de Valencia desta vez empregaba unha das moitas artimañas que a Igrexa manexa para impedir que os seus "fieis" poidan apostatar, un proceso que cada día semella máis complicado, cando debera ser un dereito.

Os curas valencianos baseaban o seu recurso en que os seus libros son inviolábeis e en que o feito de estar inscrito no rexistro bautismal non implica a pertenza á Igrexa Católica. Mais a Audiencia considerou que estes ficheiros poden ser alterados polos cidadáns e que o bautismo supón un "indicio de pertenza" á Igrexa.

Un sólido movemento pola apostasía
Ademais, na sentenza a Audiencia Nacional escribe, por primeira vez, que cre "lexítimo" que se alguén está amolado ou "inquieto" coa súa inscrición nos rexistros bautismais, en exercicio da súa "liberdade de conciencia", pode deixar constancia da súa oposición.

Hoxe en día hai 109 reclamacións de apostasía a trámite na Audiencia Nacional, e 95 corresponden a Valencia, onde hai un sólido movemento arredor da organización Jo no t'espere, creada contra a visita do Papa a Valencia, en xullo do ano pasado.

Porén, Brat non pertencía a este movemento ao comezo. El só pensou en "darse de baixa" da Igrexa cando esta comezou a se meter en asuntos de valores que "chocaban" cos del.



Ligazóns

4.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: