Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En Chantada o 3 de novembro

O Castañazo Rock recupera o movemento bravú no seu 13 aniversario

Haberá concertos, unha mesa redonda, polbo, magosto e presentarase un disco de homenaxe aos Diplomáticos.

Redacción - 13:00 19/10/2007
Cartel do festival

Cartel do festival

O sábado 3 de novembro resucita en Chantada o Castañazo Rock, un festival que tentará recuperar o espírito do bravú, nado hai trece anos na aldea de Viana. Os concertos de Motor Perkins, Cuchufellos, Ruxe Ruxe, Os tres trebóns, Rastreros e Zënzar comezarán ás nove da noite no mercado gandeiro. Pero a xornada estará dedicada por completo a un movemento que revitalizou a cultura do país.

Ás cinco da tarde, algúns dos principais expertos no movemento bravú participarán na mesa redonda Bravú: pasado presente no futuro. Estarán presentes Manuel Rivas, Santiago Jaureguízar, Alberto Casal, Xavier Valiño, Emilio López, Xurxo Souto, Suso Iglesias, María Yáñez e Xosé Manuel Pereiro, con Belén Regueira como moderadora. Despois presentarase un disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto, 120 capadores, no que participaron diversos grupos galegos.

Este vídeo amosa os Rastreros na gravación do disco:



A parte festiva poñerana a charanga Os Veraneantes, unha feira con polbo, carne, pan e viño, un magosto popular e a proxección de vídeos musicais de grupos míticos do rock bravú, coa presentación de Carlos Blanco. Ademais, desenvolverase a primeira feira do disco galego, un punto de encontro de artistas, produtoras e distribuidoras co público, con acceso de balde.

O quinto festival Castañazo Rock terá un anticipo o venres á noite, na tamén chantadina sala Mogay, co concerto de Trifulka.


4,8/5 (5 votos)

Comentarios (3)

piorno #1 19/Outubro/2007 piorno

E quem patrocina isto? Yolanda Castaño?

baltar69 #2 19/Outubro/2007 baltar69

santocristo. seguro que hai botellón. y felipe sin dimitir!!!

papuxa70 #3 1/Novembro/2007 papuxa70

Eiquí so hai castanhas para comer e moito Ró en galego, así que prezado pidorno se queres música en espanhol non venhas.Toutizo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: