Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Non todo vai ser Fórmula 1

O segundo espectáculo absoluto da Liga Nacional de Billarda

Despois da "convulsión absoluta" vivida tras a cesión do seleccionador galego -a 3 semanas do primeiro compromiso oficial-, chega o segundo golpe da superliga, que TELE-VARAL retransmitirá en exclusiva.

Redacción - 09:30 21/10/2007
Un palanador da LNB

Un palanador da LNB

Fernando Veiga era o seleccionador galego até hai nada, e as listaxes dos seleccionados para disputar a primeiro duelo internacional deste ano, -en Pillarno, no Concello de Castrillón (Asturias)-, terán que agardar a que a LNB escolla o seu novo míster.

Nunha entrevista concedida a TELE-VARAL o ex seleccionador galego xa falaba dun futuro incerto para o seu cargo.

Agora só falta saber quen será o elixido, en palabras d'O Varal, "para asumir o gran reto de dirixir á Auténtica na primeira edición da Copa Cantábrica. Alí agarda, fregando as mans, a potente selección Asturiana e a súa enfebrecida afección cos dentes e as gadañas afiadas!"

2º carreira da xornada: dende Santo Adrao
Mais, deixando atrás os debates sobre quen poderá ocupar o posto deixado por Fernando Veiga, esta fin de semana volve a emoción, a golpe de paus, á LNB.

Este domingo, a partir das 16 horas, na "pista dos veciños máis vermella das parroquias de Lourenzá, vai comezar o segundo asalto da Superliga Nacional de Billarda na conferencia NorLeste.

A cousa parece que se vai xogar intensamente entre dous palanadores: Iván, do Sporting Petapouco , e Marcos dos Remurelle-Bulls. Esquecédevos de saber que vai pasar con Hamilton ou con Alonso... este domingo, segundo din dende O Varal, "triunfará o touciño sobre a velocidade!

Como nos din dende O Varal, "se non podes estar alí , coma sempre xúnguete a TELE-VARAL que prepara un espectacular golpe de efecto!"


Ligazóns

4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe da promo de TELE-VARAL, a TV oficial da Liga Nacional de Billarda
Unha imaxe da promo de TELE-VARAL, a TV oficial da Liga Nacional de Billarda
Unha imaxe do campo de xogo de San Adrao, coas fabas de Lourenzá secando xusto detrás
Unha imaxe do campo de xogo de San Adrao, coas fabas de Lourenzá secando xusto detrás
Os Billardeiros Musicais están, até o de agora, no máis alto da táboa da Conferencia NorLeste
Os Billardeiros Musicais están, até o de agora, no máis alto da táboa da Conferencia NorLeste