Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións presidenciais

Eslovenia elixe o sucesor de Drnovsek, no goberno dende a independencia

O conservador 'Lojze' Peterle parte como favorito para substituír ao actual presidente, no cargo dende 2002 e que fora antes primeiro ministro logo da secesión de Iugoslavia.

Redacción - 11:45 21/10/2007
O conservador 'Lojze' Peterle parte como favorito

O conservador 'Lojze' Peterle parte como favorito

Tan só dous meses antes de que o seu país asuma a presidencia da Unión Europea, os eslovenos votan este domingo para elixir o seu novo presidente.

Sete candidatos optan a substituír a Janez Drnovsek, quen decidiu abandonar a política logo de dirixir o país durante quince anos dende a súa independencia de Iugoslavia en 1992, primeiro como primeiro ministro e dende 2002 como presidente.

Nos últimos anos, Drnovsek cambiara a súa imaxe até se converter nunha especie de gurú que proclamaba que se curara el mesmo o seu cancro, e advertía dos perigos da dependencia tecnolóxica.

O principal candidato a substituílo é Alojz Lojze Peterle, de 59 anos, un membro conservador do Parlamento Europeo. Peterle, que foi o primeiro ministro do país e posteriormente foi ministro de exteriores, preséntase de xeito independente mais conta co apoio da coalición de centro dereita.

Aínda que Peterle conta cunha gran vantaxe nas enquisas (o apoio recibido alcanzaría o 28% dos votantes), semella improbábel que puidese obter unha maioría de votos, obrigando a unha segunda volta dentro de dúas semanas.

O vencedor, que ocupará o cargo durante os vindeiro cinco anos, asumirá o vindeiro 1 de xaneiro a Presidencia da Unión Europea, tan só catro anos despois da entrada de Eslovenia no bloque.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: