Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais

Cuba inicia o proceso electoral que definirá se Fidel Castro é reelixido

Os cubanos votarán o domingo para elixir os 15.236 concelleiros que conformarán as 169 asembleas municipais do Poder Popular.

Axencias - 12:00 21/10/2007
Imaxe: Juventud Rebelde

Imaxe: Juventud Rebelde

Máis de 8,3 millóns de cubanos maiores de 16 anos están convocados a escoller nas urnas a 15.236 concelleiros que conformarán 169 asembleas municipais. Estes a súa vez elixiran aos máis de 600 parlamentario da Asemblea Nacional do Poder Popular.

O sistema graduado, vixente desde 1976, concluirá no primeiro trimestre de 2008 coa elección dos 31 membros do Consello de Estado que decidirán se Fidel Castro é reelixido como presidente do goberno.

Xa que logo, as eleccións definirán se se mantén o statu quo, cun goberno provisional encabezado por Raúl Castro, ou se oficializa a sucesión definitiva.

Máis información: Granma e Juventud Rebelde.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Comentarios (7)

antodios #1 21/Outubro/2007 antodios

Home falar de eleccións en Cuba sona a coña.

Iacobvs #2 21/Outubro/2007 Iacobvs

antodios: Cuba ten un sistema parlamentar sui generis e vive en estado de excepción permanente, pero si que hai eleccións.

http://www.vieiros.com/nova/61...

antodios #3 21/Outubro/2007 antodios

Non hai distintos partidos políticos con distintas opcións económicas, sociais.... Ten un só candidato a xefe de Goberno e Estado. Si definitivamente sona a coña que lle chamen eleccións. E a existencia do infame bloqueo non é escusa.

ecoe #4 21/Outubro/2007 ecoe

Polo escrito ata agora mais ben semella que a información que manexan quenes opinan deliberadamente non é moi axeitada, pois trátase de eleccións MUNICIPAIS(Granma Internacional)

Distintos partidos políticos con distintas opcións económicas e sociais NON OS HAI AQUÍ: básicamente todos están de acordo no esencial, bng incluído (e tantos outros).

El_Uali #5 21/Outubro/2007 El_Uali

En Cuba votam-se @s candidat@s, nom um ou outro partido. A diferença com o sistema vigente na Galiza e no resto de "democracias" burguesas é que TOD@S @s candidat@s tenhem a mesma publicidade, os mesmos meios e os mesmos recursos, portanto a eleiçom é realmente livre e nom condicionada polo apoio mediático ou económico de um/ha ou outr@ candidat@.

COUTOVEN #7 22/Outubro/2007 COUTOVEN

Independentemente que sexa difícil falar de eleccións democráticas en Cuba. É bo que se saiba que nese país non se elixe ao presidente directamente como noutros países. Esta elección queda nas mans do poder lexislativo, no caso de Cuba é a Asemblea Nacional.

Agora, parecese que na lexislación cubana non existe límite con respecto á condición dun ser humano á hora de exercer un cargo como a presidencia dun país.

Eu non poño en dúbida o estado mental de Fidel. Pero por favor como pode renovárselle o mandato a unha persoa que ten un ano de convalecencia e que a súa condición física actual pon en serias dúbidas a capacidade de exercer a plenitude as súas funcións nos próximos anos.

En que país do mundo pode ser nomeado como presidente a unha persoa que ten máis dun ano sen ser visto en público. Ata os máis cínicos poderían dicir que esta morto e polo tanto non pode aspirar á xerarquía presidencial.

De tal xeito valería a pena preguntarse É legal que Fidel A. Castro R. sexa nomeado presidente de Cuba por parte da Asemblea Nacional do Poder Popular? É xusto para o pobo cubano ser gobernados por un presidente incapacitado fisicamente? É xusto para Fidel como ser humano, ser obrigado a exercer as responsabilidades presidenciais?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: