Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación a prol do indulto para os 'tres do Eixo'

"Non, non, non, inocentes a prisión"

Suso de Toro leu o manifesto ao final da marcha na que participaron unhas 5.000 persoas.

Redacción - 15:00 21/10/2007

Unha multitudinaria manifestación percorreu este domingo as rúas de Compostela en demanda do indulto dos tres do Eixo, condenados a sete anos de cárcere pola agresión a un policía durante unhas protestas veciñais, e obrigados a entrar a finais deste mes na cadea.

A protesta partiu da Alameda compostelá e a ela sumáronse numerosos colectivos sociais e os veciños da parroquia do Eixo, así como o BNG e o PSdeG, sindicatos e outras organizacións cívicas.

Suso de Toro: "Xuízo ao movemento veciñal"
"Indulto xa", Inocentes", "Non non non, inocentes a prisión" ou "Liberdade para os nosos veciños" foron as consignas máis coreadas no acto, que concluíu coa lectura dun manifesto polo escritor Suso de Toro.

Este explicou que a manifestación pretendía protestar polo que considera "un auténtico xuízo ao movemento veciñal", ante o que foi unha "causa enormemente xusta".

Recordou que todo comezou hai nove anos cando os veciños do Eixo chegaron a un acordo co Ministerio de Fomento, do que entón era responsábel o popular Francisco Álvarez Cascos, para melloras de seguridade viaria na zona, e este foi roto.

"Tres líderes do movemento veciñal, tres persoas realmente inocentes, van entrar presas". Xa que logo, a manifestación pretende que se lles conceda o indulto, afirmou De Toro, que cualificou o acto deste mediodía de "moi especial" porque foi "moi masivo" para unha cidade como Compostela e, ademais, non se viron bandeiras partidarias.

"É unha manifestación de veciños sós, con pancartas feitas na casa con papel, e é realmente masiva: isto supón un antes e un despois na resposta da xente, practicamente non hai organizacións detrás, non é un movemento organizado, senón que está o común da xente".

Agradecemento de Montoiro, Moreira e Márquez
Ao termo do acto, os tres veciños, Xesús Montoiro, Xosé Moreira e Simón Márquez, agradeceron aos veciños a súa solidariedade e dixeron que non esquecerán a data deste domingo, á vez que insistiron en que son inocentes.

Pola súa banda, o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, considerou que a manifestación foi importante, e deixou clara a vontade dos veciños, polo que reclamou do goberno español que recapacite e lles conceda o indulto. Para esta medida de graza, tan só queda un Consello de Ministros por celebrar.


4,57/5 (23 votos)

Comentarios (5)

mceleiro #1 22/Outubro/2007 mceleiro

Indulto? Igual se fossem do GAL....

Picheleiro #2 22/Outubro/2007 Picheleiro

A "xustiza" condenou a estes tres veciños inocentes.
E quen condenou aos responsables das malleiras que sofriron os veciños do Eixo cando reivindicaban seguridade vial na súa parroquia para que non houbera máis atropellos.

INDULTO PARA OS TRES VECIÑOS DO EIXO. É DE XUSTIZA.

Picheleiro #3 22/Outubro/2007 Picheleiro

Remitide os vosos comunicados de apoio a:

avvdoeixosantiago@ya.com

LuisManuel #4 22/Outubro/2007 LuisManuel

Se había 2000 persoas eran xa moitas.....contando moi polo alto.
De 5000 nin soñalo....

Digo eu se son os 3 inocentes alguén lle abriría a cabeza ao policía que é un TRABALLADOR, supostamente a CIG defende a traballadores. Por esa regra de 3 eu vou á CIG doulle unhas ostias a quen esté alí porque non me suben o soldo, ábrolle a cabeza, e o deixo impedido para traballar como quedou este policía, e logo marcho tan tranquilo porque polo criterio da CIG iso é correcto. Porque defendín os meus ideais. E fender cabezas é de boa xente.

Eu é que flipo con algúns razonamentos. E no suposto de que eses 3 veciños non fosen, foron outros, entón o resto de viciños tamén que collóns teñen deixar ir ao cárcere a uns inocentes e prefiren que os salvaxes abretestas queden na casa.

Por certo para todos os artistas que hai por aquí lede estes artigos, a ver se os len no Concello de Santiago que se adica a ceder terreos á SGAE
http://www.eleconomista.es/emp...
http://www.publico.es/dinero/0...

Gaviotero #5 22/Outubro/2007 Gaviotero

Ya vamos conociendo el discurso...Los culpables son los que no piensan como ellos y los inocentes los demás.

Si están condenados a ir a la cárcel es porque son culpables y el indulto no rectificaría la condena ni demostraría ninguna inocencia; simplemente, les eximiría de ir a la cárcel por influencias políticas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: