O SVP consolídase como primeira forza no país, aumentando mesmo a súa vantaxe sobre o resto de partidos. Blocher reforzará así o seu poder no executivo helvético.
Lonxe de minguar o seu apoio, a Unión Democrática de Centro, SVP, liderada por Christophe Blocher, confirma que paradoxalmente o endurecemento do seu discurso e as polémicas mensaxes contra a inmigración outorgáronlle un pequeno aumento de representación nestes comicios lexislativos.
O partido medra así até case o 29% do total de apoios, dous puntos por riba dos resultados de hai catro anos. Con eses números brincaría por riba dos 60 escanos parlamentarios, sobre un total de 100.
Atrás deles, perderían catro puntos os socialistas, aínda líderes na oposición, co 19% do voto e gañarían cota os Verdes, co 10% dos apoios. Por outra parte, radicais-demócratas e democristianos quedarían respectivamente co 16 e 14%.
Parece que os discursos xenofobos animan a xente, está claro que animar a xente a culpar os inmigrantes de tódolos problemas que existen no país axuda a chegar o poder, o verdadeiramente perigoso é o que terá que facer para seguir mantendo ese poder ou aumentalo, esperemos que non sexa seguir radicalizando o seu discurso porque eso pode levar a momentos de pasado que xa parecen superados.