Complicada cohabitación lle agarda a Donald Tusk fronte ao presidente Jarowslav Kaczynski, despois de conseguir vencer nos comicios lexislativos ao actual primeiro ministro, seu irmán Lech Kaczynski.
No gume da maioría absoluta se moveu a Plataforma Cívica, PO liderada por Donald Tusk, nunha xornada electoral onde os cidadáns amosaron o seu descontento co proxecto dos irmáns xemelgos Kaczynski, respectivamente presidente e primeiro ministro na actualidade. Os primeiros datos falan de arredor dun 44% para os liberais, con 227 asentos sobre o total de 460, e un 31,5% para os ultraconservadores do Lei e Xustiza, PiS, o que significaría 158 deputados.
Deste xeito, Tusk con probabilidade poderá converterse en novo primeiro ministro, cos votos do Partido Labrego, PSLque co 8% dos sufraxios tirou 27 escanos. Alén destas formacións, no Parlamento polaco estará tamén Alianza Esquerda e Democracia, LPR.
Ai Dior míor, xa era hora de que os mandasen ás piñas, cousa máis macheca nunca vin na miña vida.
Por fin o inicio da recuperación de Polonia! Este país ten moito que ofrecer a Europa, pero inda quedarán uns anos de ideas que ademais de neoliberais, serán peregrinas, coma os impostos non progresivos e outras lindezas. Quen nos dera así e todo unha poboación tan culta!