Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PORTAVOZ DE ESQUERDA NACIONALISTA-MOCIDADE

Paulo López: “O nacionalismo debera ter como horizonte unha República Galega”

A organización integrada en Galiza Nova anovou esta fin de semana a súa executiva.

Redacción - 17:12 22/10/2007
Tags:

Paulo López, un betanceiro de 21 anos licenciado en Xornalismo, é dende esta fin de semana o novo portavoz nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade. Canda el estarán na Mesa Nacional Xurxo Paz López (resposábel de Organización); David Álvarez; Ínhigo Ansotegui (Formación); Uxía Araúxo; Álex Ermida (Finanzas); Alba Muíños (Igualdade); Henrique Otero; e Irene Quintela (Comunicación).

A nova excutiva obtivo o apoio unánime da militancia. A formación integrada en Galiza Nova (GN) aposta por afondar na mensaxe “nacionalista e de esquerdas” dentro das xuventudes do BNG. Paulo López sinalou que EN-Mocidade quere abrir un debate construtivo dentro de GN para fuxir de posturas “rexionalistas”: “Nós acreditamos nas institucións pero queremos seguir falando de autodeterminación e esquerda”.

O novo portavoz nacional advirte que “temos que convencer ás xentes do propio nacionalismo e da sociedade galega de que a independencia é o mellor instrumento para aumentar o benestar dos galegos e das galegas. O nacionalismo debera ter como horizonte a república galega.”


4,33/5 (36 votos)


Comentarios (20)

A2b2 #1 22/Outubro/2007 A2b2

.... pero non bananera..... eeeeehhhhh!!!!

Gaviotero #2 22/Outubro/2007 Gaviotero

Venga, chaval, ponte a estudiar y déjate de repúblicas gallegas.

mineru #3 22/Outubro/2007 mineru

no seria mejor intentar una union con asturias norte de portugal y noroeste de leon?

Gaias #4 22/Outubro/2007 Gaias

Sen embargo o unico horizonte que parece ter Quintana e que lle transfiran as competencias de trafico.

http://www.xornal.es/article.p...

Gaviotero #5 23/Outubro/2007 Gaviotero

¿Y la República de Ikea? :DDD

spider #6 23/Outubro/2007 spider

Concordo plenamente

O_Castrexo #7 23/Outubro/2007 O_Castrexo

21 anos e licenciado en xornalismo? Tan de esquedas, tan de esquerdas... gustariame saber quén lle pagou esa carreira para ter acabado tan rápido.

Outros temos que tomalo con calma e traballar...

O socialismo xa non é o que era. Puagh.

teixugo #8 23/Outubro/2007 teixugo

Tu nem aos trinta!

OBSERVADOR #9 23/Outubro/2007 OBSERVADOR

E o tal Ínhigo é reintegrata?

xacataca #10 23/Outubro/2007 xacataca

Iso, ao fin, é o importante, non si OBSERVADOR?

Papuxo #11 23/Outubro/2007 Papuxo

Que profunda análise a de Gaviotero. Pero home, vai traballar, que non ves que xa non te fan caso.

OBSERVADOR #12 23/Outubro/2007 OBSERVADOR

Xacataca: para mim é importante isso, sim. Por isso pergunto.

E tu ficas molesto por isso?

O_Castrexo #13 23/Outubro/2007 O_Castrexo

Algúns teñen moito tempo libre e moi poucos problemas reais. Moito parasito social (carne de reintegracionismo e sectas afins) hai xa na nosa sociedade...

Maeloc-do-Rouco #14 23/Outubro/2007 Maeloc-do-Rouco

Jaora que se o "reintegracionismo" e umha secta, o "isolacionismo" vem a ser o "vaticano linguistico", o que impom a sua vissiom, o que decide quem fala, quem di, quem respira, quem publica, quem fai e quem desfai...total pra catro gatos verdadeiramente practicantes...o resto som da hegemonica pola castrapeira...Eis umha boa secta! POr certo "mineru", jaora que eu seria opriomeiro por pular por umha Re-uniom da Galecia, mais ha caminhos que andar dantes de chegarmos a o punto de uniom lugense, bracarense e asturicense..Moito moito...Obrigado

xacataca #15 23/Outubro/2007 xacataca

Non fico molesto porque para ti sexa importante "iso". O que si me amola é que a algúns semella que SÓ lles pareza importante "iso".

E os foros de Vieiros boa proba son disto e "diso".

galegoportuguesa #16 23/Outubro/2007 galegoportuguesa

Sim, o Ínhigo é lusista, como umha grande parte da militáncia de Esquerda Nacionalista. De facto, é o único partido dentro do BNG que propugna a reintegraçom do galego no português. Aconselho-vos que leades algum número do Manesquerda (voceiro das mocidades) ou do Enclave (voceiro do partido); hâ artigos de grande interesse analítico que aportam umha nova forma de entender o nacionalismo.
Desde aquí, os meus parabéns ao Paulo, que é novo mais nom lhe falta formaçom nem capacidade de trabalho, e ao Saul Santim, grande político e grande pessoa, que fixo um ingente labor no partido, moitas veces sem ser justamente compensado.

OBSERVADOR #17 24/Outubro/2007 OBSERVADOR

Lerei com atenção. Recomendo-lhes sair do BNG. Se são como dizes, fora dele teriam mais votos.

galegoportuguesa #18 24/Outubro/2007 galegoportuguesa

Nisso sim que nom concordo. Dada a escasa incidência social que tem o nacionalismo na Galiza, sendo o BNG o único partido com representaçom parlamentar (e para isso ínfima em proporçom aos partidos espanhois), dubido que EN pudesse fazer algo fóra del. Onde estám Nós-UP ou a FPG? Sem dúbida, o nacionalismo precisa também correntes críticas, mais o que nom precisa é estar fragmentado, isso restaria-lhe credibilidade e na situaçom actual nom seria recomendável.

OBSERVADOR #19 24/Outubro/2007 OBSERVADOR

Percebo, mas o que eu duvido é que vá fazer alguma cousa dentro do BNG. Não sei se me explico. Têm saído muitos reintegracionistas do BNG ultimamente. Esses devem ser os últimos de Filipinas.

galegoportuguesa #20 24/Outubro/2007 galegoportuguesa

Bom, EN, se bem nom é nem de longe força maioritária dentro do BNG (nom sei se chega aos 500 militantes, a UPG tem arredor de 1300), é um partido que sempre tivo moi vertebrado o seu ideário político, apostando polo socialismo e a democracia, e em última instáncia pola independência, entendendo esta como o meio para acadar a plena autogestom e autoorganizaçom, posto que a Galiza conta cumhas características nom só sociais e culturais senom também económicas e territoriais próprias. De facto foi creado como um continuum do PSG, em base á ideologia beirista, líder histórico do nacionalismo galego e do BNG, que até hâ pouco tempo militou em Esquerda Nacionalista. Quero dizer com isto que se bem EN nom tem a capacidade de domínio que tem por exemplo a UPG (nem pretende te-la), o seu ideário e o seu jeito de trabalho adaptam-se plenamente á realidade galega actual e dentro do BNG começam a ser conscientes disso.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: