Benigno Sánchez advertiu que non acepta "inxerencias" de ningún membro da Xunta, ao tempo que falou da perda de ingresos da TVG e o aumento dos da Radio Galega.
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, asegurou na tarde da terza feira, durante a Comisión da Compañía, que dende outubro de 2005 "vetar non é un verbo que se conxugue nos medios públicos de comunicación" de Galiza e engadiu que "non é asumíbel" que un membro do Goberno Galego tente condicionar as informacións que emiten a TVG ou a Radio Galega.
"Non recibo ordes de ninguén", dixo Sánchez despois de que o deputado popular Diego Calvo lle preguntase se tiña recibido ordes para censurar unha información sobre o vicepresidente da Xunta, "como bo lacaio que din que é", dixo Calvo.
As chamadas de Losada
Para exemplificar a "inadmisíbel inxerencia" dos cargos públicos na compañía que dirixe, Sánchez quíxose referir ás chamadas feitas o 27 de agosto polo ex secretario xeral de Vicepresidencia, Antón Losada a varios profesionais da TVG. O director da CRTVG asegurou terlle enviado unha carta a Quintana ao saber das chamadas, como "superior xerárquico da persoa que chamaba de forma inconveniente aos profesionais da TVG".
Finalmente Sánchez asegurou "descoñecer a existencia dun veto" á TVG por parte da Vicepresidencia da Xunta, despois de os populares denunciasen que o departamento que dirixe Anxo Quintana non convocaba aos seus actos aos xornalistas da televisión pública autonómica.
O PPdeG prognostica a dimisión de Benigno Sánchez
Calvo terminou a súa comparecencia na comisión lamentando as "ameazas entrecruzadas, escoitas, filtracións e dimisións" na relación entre Vicepresidencia e a TVG e considerou que Benigno Sánchez esta "incapacitado" para o seu cargo. Así que dixo que non ía reclamar a súa dimisión, xa que, segundo dixo, non vai "chegar ao final de lexislatura".
Os ingresos da TVG reducíronse un 5,9%
Na mesma comisión falouse da baixada dos ingresos por publicidade da TVG (un 5.9% menos) nos primeiros meses de 2007, debidos, sobre todo, a non emitir fútbol de 1ª División. Mentres, a Radio Galega acrecentou os seus ingresos un 36% respecto do 2006.
Pola contra, a TVG foi a única TV autonómica que gañou cota de pantalla neste período, segundo Sánchez.
Benigno para a casiña, por favor...
o que non se entende é que non fagan todas as canles que permita a lei. Eu estou farto de que poñer a tele supoña unha inmersión lingüística no español
Había que prohibir por lei que funcionasen aquelas "canles" que non transmitisen o 60% en galego, para sermos xustos coa problemática do País. Todo o que non pase por iso vai en contra dos interes da lingua galega
Claro, claro...no hay vetos, y telegaita es más plural e independiente que nunca.
Se pensarán estos tíos que nos chupamos el dedo.
TVG = MANIPULACIÓN
Agora podo acender a tv e pór a Galega.
Có PP era coma botarlle unha ollada o DOG.
Dentro do mellorabel, pasamos do podre ó normal
No me extraña que a un nacionalista que sólo lee, escucha y ve lo que quiere leer, escuchar y ver, ahora pueda poner la gallega y le guste.
Eso habla mucho de la "pluralidad" de la izquierda. Pluralidad es sacar sólo las ideas propias.
Pues menuda mierda de pluralidad es esa.
TVG = MANIPULACIÓN
O que é inquestionável é que a qualidade e pluralidade da Rádio Galega melhorou enormemente com o Governo bipartido, especialmente no seu departamento de Programas. O que ignoro é porque não sucede o mesmo na TVG, onde mesmo se incorparam géneros do chamado tele-lixo (tertúlia rosa, reality-show...).
"Benigno Sánchez quedas vetado por non aceptar inxerencias de ningún membro da Xunta. Onde che cres que estás. Na Sexta?"
(Pepiño Blanco)
Se non recibes ordes recibes cheques. Pero a Xunta non paga que non hai diñeiro. Así que se non recibes ordes, xa as recibirás.