O éxito na diminución das taxas de suicidios na poboación indíxena depende da garantía de acceso desas comunidades á terra que historicamente lles pertence.
As taxas de suicidio máis amplas rexístranse entre os mozos dos 10 aos 29 anos / Flickr: Bruno Abreu
Isto é o que defende o integrante do Conselho Indígena de Saúde de São Félix do Araguaia, Samuel Karajá, no I Encontro Brasileiro de Saúde Indíxena celebrado estes días en Brasilia.
Políticas públicas que cheguen á aldea
"Cando posuímos a nosa terra, nós temos a paz, tranquilidade, saúde, aquelo que a vida ten para ofrecer, entón a terra é o principal problema ao que os indios brasileiros se están enfrontando", díxolle Karajá á Agência Brasil.
"A acción do goberno ten que ser: demarcar a terra, recoñecer as comunidades indíxenas e ofrecer realmente un programa do goberno, políticas públicas que cheguen á aldea, concretamente."
O risco de suicidio é seis veces meirande na comunidade indíxena
De acordo cos datos do Ministério da Saúde brasileiro, presentados na terza feira na 1ª Conferência Internacional e no 1º Encontro Nacional de Saúde Mental Indígena, o risco de morte por suicidio é até seis veces superior na poboación indíxena. Os maiores índices rexístranse nos indios dos 10 aos 29 anos. Un dos feitos que se batallan como principal causa é a desvalorización da cultura indíxena.
"Hai un tempo atrás a xente tiña terra, paz, tiñamos a nosa cultura viva, quero dicir, os mozos estaban ocupados coa cultura. Hoxe non se ocupan da cultura, entón fican nunha ociosidade e iso vai levando cara a bebida, drogas, e todo iso vai creando o problema", avaliou Samuel Karajá.
Para el, é deber do Estado recoñecer as comunidades indíxenas e garantir os seus dereitos, como o aceso á terra, á produción de alimentos para a subsistencia e medios para manter a súa cultura viva, cousa que eles levan facendo ben tempo, cos recursos propios, que os antergos xa tiñan empregado.
Pobres indíxenas. Pobre xente. Nós aínda temos unha terra galega nosa onde vivir. Eles nin terras teñen se quera... :( Esa é a realidade da "lusofonía" que algúns tanto aman. Suicídanse por non teren terras e porque a súa cultura é desvalorizada! :(
"Un dos feitos que se batallan como principal causa é a desvalorización da cultura indíxena."
Vivan os indíxenas e os pobos nativos e fóra o portugués da "lusofonía"!!