A Cámara rexeita as seis emendas á totalidade presentadas por 177 votos a favor e 168 en contra. O goberno español contou co apoio de PSOE, BNG, PNV, CHA, Nueva Canaria e un tránsfuga 'popular'.
O goberno español conseguiu sacar adiante no Congreso a Lei de Presupostos Xerais do Estado (PXE) 2008 nunha axustada votación na tarde deste mércores.
Contou co apoio do grupo que o sustenta, o PSOE (164 deputados e ministros), así como do BNG (2), PNV (7), CHA (1), Nueva Canaria (1) e un tránsfuga do PP, que rexeitaron as seis emendas á totalidade presentadas polos populares, CiU, ERC, IU, CC e EA. ICV abstívose da votación.
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, criticou os orzamentos por seren "electoralistas" e "unha fórmula para saír do paso". Catro deputados deste grupo non acudiron por diversos motivos á votación, impedindo un resultado máis axustado.
O voceiro CiU, Josep Antoni Durán i Lleida, considerou que os orzamentos "non son realistas" e non cumpren o acordado en investimentos en Cataluña, algo co que coincidiu con Joan Puig, portavoz económico de ERC.
O portavoz de Izquierda Unida, Gaspar Llamazares, criticou que o Executivo español antepón o superávit ao gasto social.
Dende o PNV, malia apoiar as contas advertiu de que hai algúns "peros", como o desenvolvemento do Estatuto de Guernica, ao seu xuízo insuficiente.
Satisfacción no BNG
O voceiro do BNG no parlamento español, Francisco Rodríguez, manifestou o apoio do seu grupo aos PXE, e explicou que Galiza contará con 104 millóns de euros adicionais aos 1.942 millóns previstos. Porén, alertou do risco da falta de execución das accións previstas.
Ademais, salientou os trinta millóns acadados para o ferrocarril, os dez millóns para a recuperación de terreos do litoral galego, os oito millóns para seguridade viaria e para actuacións nas estradas, os quince millóns para o Programa de Desenvolvemento Rural e os seis millóns para o Plan Nacional de Calidade de Augas.
Rodríguez lembrou que no proxecto de Lei de PXE figuraba a cantidade total de 1.942 millóns para o país. "Foi o noso empeño que se superara esta cifra de modo que Galiza puidese contar con cen millóns de euros máis até colocarnos en 2.042 millóns".
Bueno, estos de Vieiros cada día nos anuncian 100 millones más...ya deberíamos llevar 300.000 millones de euros por lo menos.
En fin, lamentable imagen la de ayer del BNG, como perrillo faldero del PSOE, votando los prespuestos junto a dos tránsfugas y otros dos diputados que rompieron la disciplina de voto de su partido...
Con un partido que dice sí a todo lo que propone el PSOE, no me extraña que en las próximas generales la poca gente que votaba ya al BNG para las generales opte directamente por votar al PSOE.
O BNG xa é decisivo, e só con 2 deputados.
Non mandaba tanto un Paco en Madrid desde que finou o de Ferrol.
¡Coidado coas curvas!. ¡E non bebas!. Sobre as metas... estades no autonomismo monárquico. Grande logro.
Parabén para o BNG. Parabéns para Paco e Lali.
Non só polas cifras, senon por onde e como se van gastar.
INCREMENTOS LOGRADOS POLO BNG NOS ORZAMENTOS DO ESTADO 2008 PARA GALIZA DURANTE A SÚA TRAMITACIÓN NO CONGRESO
CONCEPTO IMPORTE €
CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN ESTRADAS NA PROVINCIA DA CORUÑA 1.000.000
CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN ESTRADAS NA PROVINCIA DE LUGO 1.000.000
CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN ESTRADAS NA PROVINCIA DE OURENSE 1.000.000
CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN ESTRADAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.000.000
SEGURIDADE VIAL: ESTRADAS DA PROVINCIA DA CORUÑA 1.000.000
SEGURIDADE VIAL: ESTRADAS DA PROVINCIA DE LUGO 1.000.000
SEGURIDADE VIAL: ESTRADAS DA PROVINCIA DE OURENSE 1.000.000
SEGURIDADE VIAL: ESTRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.000.000
RESTAURACIÓN DOS FONDOS MEDIEVAIS GALEGOS EXISTENTES NO ARQUIVO HISTÓRICO NACIONAL 200.000
DIXITALIZACIÓN DE FONDOS ARQUIVÍSTICOS GALEGOS PROPIEDADE DO ESTADO 300.000
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL 15.000.000
FUNDACIÓN PARA O FOMENTO E O DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA 3.000.000
RESTAURACIÓN E LIMPEZA DAS MARXES DOS AFLUENTES DO MIÑO 1.200.000
COMPRA E RECUPERACIÓN DE TERREOS NO LITORAL GALEGO 10.000.000
MELLORA DA CALIDADE DAS AUGAS EN GUILLAREI, TEO E OUTRAS LOCALIDADES 6.000.000
DEPURADORA DE VIGO 30.000.000
OBRAS DO AVE DO EIXO ATLÁNTICO ENTRE VIGO E PONTEVEDRA 20.000.000
ACELERACIÓN DO PROXECTO DE SAIDA SUR DE VIGO DO AVE 2.000.000
RESTAURACIÓN DO PASEO DA GUÍA 200.000
INICIO DAS OBRAS DO AVE ENTRE A ESTACIÓN DE FERROL E A PONTE DAS CABRAS 6.000.000
DIXITALIZACIÓN DO FONDO ARQUIVÍSTICO DO TRIBUNAL MILITAR DE FERROL 500.000
BY-PASS DE BETANZOS DA LIÑA FERROVIARIA CONVENCIONAL FERROL-A CORUÑA 1.500.000
TERCEIRA RONDA DA CORUÑA 10.000.000
REXENERACIÓN E RECUPERACIÓN AMBIENTAL DA RÍA DO BURGO (A CORUÑA) 1.000.000
RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DA PRAIA DE SADA 300.000
SANEAMENTO DO ESPAZO NATURAL RAZO-BALDAIO 300.000
RECUPERACIÓN DO BORDE NATURAL DE COUSO A CORRUBEDO E A ILLA DE SÁLVORA (RIBEIRA) 300.000
ACONDICIONAMENTO DO LITORAL E SENDA EN A RIBEIRIÑA (A POBRA DO CARAMIÑAL) 1.000.000
PASEO MARÍTIMO DO RÍO COROÑO E DE ESTEIRO (BOIRO) 600.000
RECUPERACIÓN DOS CANTÍS ENTRE TANXIL E TRONCO (RIANXO) 700.000
PROXECTO DE MUSEALIZACIÓN DAS EXCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DA PONTE ROMANA DO BURGO (PONTEVEDRA) 300.000
CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA 500.000
ACONDICIONAMENTO DA BARCA E DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE EN LOURIDO (POIO) 400.000
MELLORA AMBIENTAL DA PRAIA DE MOAÑA 1.119.000
ACONDICIONAMENTO DA FRANXA LITORAL DE TRAGORE (CAMBADOS) 300.000
MELLORA AMBIENTAL DA PRAIA DE AGRELO-LAPAMÁN (BUEU) 200.000
RECUPERACIÓN DAS PRAIAS DE LIMÉNS, NERGA E CABO HOME (CANGAS DO MORRAZO) 500.000
MELLORA AMBIENTAL DA PRAIA DE LOIRA (MARÍN) 100.000
CREACIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA HISTORIA MEDIEVAL (ALLARIZ) 150.000
RESTAURACIÓN DO CASTELO DE MONTERREI E A SÚA ACRÓPOLE 300.000
ACCESOS AO COMPLEXO CULTURAL ÁLVARO CUNQUEIRO (MONDOÑEDO) 1.500.000
PASEO FLUVIAL DO RÍO TORTO (RIOTORTO) 300.000
RECUPERACIÓN DAS MARXES DO RÍO CABE (MONFORTE DE LEMOS) 1.500.000
ETAP DE MONFORTE 2.000.000
DEPURADORA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2.000.000
ESTACIÓN INTERMODAL DE SANTIAGO 500.000
ESTRADA A-54 TRAMO LABACOLLA-ARZÚA 2.700.000
VARIANTE DA ESTRADA 1.300.000
VARIANTE DE ORDES 300.0000
TOTAL 104.000.000 €
Oh, xa estaba o enlace en pdf. Desculpenme. ;-)
Estes si xustifican o soldo deberian aprender outros(Cacharro,De Mesa ect...)
Grazas mil ao BNG. Agora, que veña un do PSOE e vomite cifras.
E o presidente da Deputación de Pontevedra, outro tanto.
E, así, até aburrir ás ovellas, galegas, por suposto. Mal vai este medio con estes letores. Xa tendes o seminario patriótico para disfrutar, agora, a ver se tomamos este, que, total, ao tacho non vai ir coa axuda da publicidade institucional.
Outro día penduras os salarios de antes de adicar-se á política de varios do BNG, e comparamos a taboa.
E, grazas, grazas a Paco polo seu labor. Grazas. Grazas. Grazas.
E, grazas, xa sei que o autonomismo monárquico é o futuro.
Isto é o penoso, que Galiza teña que andar racañeando cartos en España. Eu quero expresar o meu total noxo a isto, un Reino como o de Galiza, que tivo un gran esplendor e un gran poder... agora adícase a pedir polas esquinas. Os galegos non podemos permitir iso, non podemos ter unha nación tan miserábel posto que a nosa é unha gran patria.
Que se foda o Estado español e as súas axudas, nós non precisamos miserias nin partidos que anden á pedichona e mentras os galegos non nos demos de conta disto nunca lograremos nada.
Aledome do voso apoio solidario ao avanzo do nacionalismo, e da axuda para que o españolismo non avance, así en positivo todo iremos adiante,... hainos que son cegos porque non queren ver. Saúde e Patria. ;-)