Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resposta ao discurso do presidente de EUA

Cuba ridiculiza os intentos de Bush de recrutar militares da illa

O ministro de Asuntos Exteriores cubano, Felipe Pérez Roque advertiulle de que lle está a falar "a un exército libertador. Esquece que o exército de Cuba é o pobo uniformado".

Redacción - 13:51 25/10/2007
Felipe Pérez Roque, este mércores na Habana

Felipe Pérez Roque, este mércores na Habana

O ministro de Asuntos Exteriores cubano, Felipe Pérez Roque acusou este mércores ao presidente de Estados Unidos, George Bush, de incitar ao levantamento interno en Cuba e de tratar de recrutar aos militares cubanos.

"Promételles perdoarlles a vida, se agora, a tempo, se arrepinten de servir ao pobo", afirmou Pérez Roque, quen afirmou que Bush "está delirando". Ademais, advertiulle de que lle está a falar "a un exército libertador. Esquece que o exército de Cuba é o pobo uniformado".

Os combatentes cubanos, agregou, fixeron posible a independencia de Namibia, a liberación de Nelson Mandela, a legalización do Congreso Nacional Africano e o xurdimento dunha Suráfrica sen Apartheid, política racista que apoiou EUA.

"É unha confirmación de que a política en vigor no réxime de Bush é o cambio de réxime de Cuba, mesmo pola forza", insistiu Pérez Roque.

"Invocación á violencia"
O ministro considerou que as declaracións de Bush foron entendidas na illa caribeña como "unha invocación á violencia, un chamado ao uso da forza para derrocar a revolución e impor os seus designios en Cuba".

Pérez Roque advertiu de que chegado o caso, Estados Unidos enfrontaríase a "millóns de combatentes, que atoparán a un pobo fogueado e preparado".

O titular da diplomacia cubana cualificou o discurso de Bush como unha descrición "mentireira e ridícula" da situación actual de Cuba, e xustificou este feito en que "só a cegueira e o odio poden levar" a estas palabras.


4,5/5 (8 votos)

Comentarios (9)

ecoe #1 25/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O discurso Bush é a proba realmente existente de que os USA INTERVEÑEN NOS ASUNTOS DE OUTROS PAÍSES, obviamente para amoldarlle os chanzos ás suas corporacións imperiais.

Tamén é absolutamente clara a COMPOÑENTE VIOLENTA tanto no discurso -sobre outro país, é dicir sobre o que quere USA noutro país, non nos propios USA (é conmo si Francia dixera que no €$tado €$pañol fai falta tal, ou sobra cal)-, como tamén SON VIOLENTAS AS INXERENCIAS, tanto no pasado, que foron a centos, con resultados de ducias de miles de mortos, como na actualidade, que non son poucas (nin despreciable a mortandade que expande o imperialismo).

Realmente é o imperio DA MORTE NO MUNDO. E quenes nel creen e fan caso do que publicitan con inmensa propaganda, ou son fanáticos ou papanatas.

ecoe #2 25/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anaco da resposta do canceler cubano Pérez Roque. (Chapeau, Cuba. E Cuba vai).

Após comentar as "iniciativas, o chanceler detalhou os doze pontos "do que deveria propor o presidente norte-americano como agenda" à Ilha:

Respeitar o direito dos cubanos à independência e à soberania.

Fim imediato de sua política de agressão e ameaças.

Deixar de intervir nos assuntos internos de Cuba e de tentar criar uma oposição interna.

Suspender as ações subversivas contra Cuba e a guerra radiofônica e televisiva contra nosso país.

Pôr fim imediato ao bloqueio.

Eliminar a proibição aos norte-americanos de viajarem a Cuba e das visitas dos familiares dos cubanos que moram lá.

Deixar de instigar à emigração ilegal. Anular a Lei de Ajuste e cumprir os acordos migratórios.

Pôr fim às agressivas campanhas de difamação, às quais destinam como nunca somas avultadas.

Liberar os Cinco lutadores antiterroristas, presos políticos nos cárceres norte-americanos.

Extraditar para a Venezuela ou julgar nos Estados Unidos o terrorista Luis Posada Carriles.

Fechar imediatamente o centro de torturas na base naval de Guantánamo.

Fim das pressões sobre a comunidade internacional a fim de apoiar sua política contra Cuba.


Pérez Roque reiterou que Bush não conseguirá seus desígnios contra Cuba. "Não há força humana nem natural no mundo capaz de fazer desistir os cubanos de seus sonhos de justiça, de liberdade e de independência. Somos uma Revolução vitoriosa e ganhamo-nos o respeito de todos eles".

Gaviotero #3 26/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vieiros cada vez más parece el Granma...

¡MUERTE AL DICTADOR CUBANO!

¡VIVA CUBA LIBRE!

¡ABAJO LA TIRANÍA!

Gaviotero #4 26/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, el cerdo ese del Pérez Roque no tiene pinta de pasar mucho hambre, ¿no? Debe ser que el embargo del que tanto se queja a él no le afecta demasiado.

¡¡¡LIBERTAD PARA LOS PRESOS POLÍTICOS CUBANOS!!!

trapalleiro #5 26/Outubro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desexando mortes en nome da liberdade, moi coherente. Igualiño que bush e a seu amigo parvo aznar, asasinos de nenos, impunes no mundo gobernado polos intereses económicos pero non para os que non lemos os xornais pra o esquecemento.

teixugo #6 26/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva Cuba livre!!!!!

Ai Fidel se fosses tu quem retornara ao país e não o Fraga...

carlosroca #7 26/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meu deus a gaivota deu en aguila imperial ianqui española!!

guillerme #8 26/Outubro/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva Fidel! Viva Cuba! Morte aos invasores e imperialistas (a todos, tamén a España)!

ecoe #9 28/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Invocación á violencia": por máis que se disfracen sempre son fascistas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: