Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Tiburón III'

Un pesqueiro da Guarda rescata o único sobrevivente dun caiuco

Na embarcación avistada en Cabo Verde viaxaba o inmigrante atopábanse, ademais, sete cadáveres dunha pasaxe orixinal de cincuenta.

Redacción - 17:42 25/10/2007

O pesqueiro Tiburón III, con base na Guarda, atopou fronte ás costas de Cabo Verde un caiuco con un sobrevivente e sete cadáveres. O barco avistou o caiuco o mércores á tarde, pero non puido rescatar o ocupante até o xoves ás dez da mañá.

O inmigrante rescatado explicou que na embarcación viaxaban 50 persoas, das que só quedou vivo el, e que levaban 20 días á valga até o encontro co Tiburón III. O sobrevivente, nun estado de saúde moi feble, foi evacuado polo buque hospital Esperanza del Mar, xunto cos corpos dos sete falecidos.


4.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: