As diferenzas salariais e a falta dunha carreira profesional planificada seguen a motivar a marcha de centos de mozos investigadores galegos fóra do noso país.
A asociación Precarios Galicia denunciou, no marco do I Congreso Galego da Mocidade Investigadora, que os "cerebros" galegos están fuxindo cara ao estranxeiro. As mellores condicións salariais, que chegan incluso a cuadriplicar ás galegas, e a falta dunha carreira profesional "planificada, viábel e estábel" nas universidades e centros de investigación do país son as causas principais desta fuxida.
O voceiro do colectivo, Jorge Pérez Maceiras, sinalou que preto do 80 por cento dos investigadores deciden emprender a súa carreira profesional fóra de Galiza "ante a escaseza de perspectivas", e non é de estrañar, xa que un investigador recibe en Galiza unha bolsa de 600 euros mensuais, mentres que en calquera outro país o soldo que reciben supera os 2.000 euros. Hai que ter en conta tamén que os bolseiros non teñen os mesmos dereitos que os asalariados.
Solucións
Ante esta situación, Jorge Pérez reivindica a necesidade de que os bolseiros gocen dos mesmos beneficios que os traballadores e reclama a creación de postos de traballo en universidades e centros de investigación. Con todo, o voceiro de Precarios de Galicia recoñeceu que co bipartito estase a incrementar o número de investigadores con contrato e non con bolsa, pero que sinalou tamén que seguen a ser insuficientes. A renovación do profesorado sería outro dos puntos a tratar, xa que tan só o 4 por cento dos profesores das facultades galegas son menores de 30 anos.
Pola súa banda, a Xunta terá aportado, ao finalizar 2007, case 30 millóns de euros cos que facilitar a contratación de 500 traballadores neste eido, o que supón un incremento con respecto a 2006. As fontes da Consellaría de Innovación indicaron tamén que as axudas se realizan sempre a través de contratos e nunca de bolsas, e que as cantidades recibidas abranguen dende os 1.600 euros ata os 3.000.
A Gaviotero xa fai tempo que se lle fuxiu o seu.
Y el insulto es lo único que les queda a los que ya no tienen argumentos.
Hace ya un tiempo comenté por estos mismos foros que lo de los 8.000 investigadores que la Xunta anunció a bombo y platillo que iba a atraer a Galicia era simplemente FALSO.
Lo que tendrían que hacer es intentar que no se les fueran 8.000
Salvo que consideren "investigadores de alto nivel" a los bolivianos y a las rumanas que vienen a trabajar por cuatro duros a Galicia.
Quizas los bolivianos y rumanos que vienen a trabajar sean investigadores de alto nivel, pero son trabajadores cualificados, y merecen todo el respeto. Quizás este gobierno no haga lo suficiente, pero el anterior no es que se esmerase, bueno a lo mejor fichó uno, al cuñado de Rajoy, que debía ser un cerebrito para conseguir el puesto que consiguió sin experiencia alguna.
Evidentemente aquí temos un problema, hai que pórlle remedio sexa cal for a cor do goberno galego.
Gaviotero: un apunte lingüístico: "se les fueron", na construción na que ti o pos non é correcto, si o sería en galego "fórondelles", porque este é o pronome de solidaridade que en castelán non existe. Coida eses contaxios, de tanto escribir en vieiros estáseche pegando...! Unh! Acabarás sendo vítima da inmersión lingüística?
É unha mágoa que na Galiza a investigación sexa case en exclusiva unha cuestión das Universidades, tendo en conta o saturadas que están de persoal que hai moito tempo que deixou de investigar en serio. A ver se comeza a haber tamén empresas que se adiquen a iso e que lles dean unha saída a tantos xoves con capacidade e vontade.
Gavioletero: aínda que non me queden argumentos, non me importaría nada que saíses de Galiza en busca do teu cerebro e se non volves por estes foros non che botaremos de menos.
Por suposto prefiro aos bolivianos e ás romanesas que a ti.
Gaviotero quéixasche do insulto e fas un comentario denigrante e racista sobre o nivel dos bolivianos e rumanas. Só faltouche engadir que só se dedican á prostitución e ao roubo.
Se cadra pensas que hai que tratalos como fixo ese delincuente coa ecuatoriana no metro de Barcelona.
O teu comentario é moi propio dun "facha". E por desgraza tes o cerebro no teu sitio, polo que es responsable das túas palabras.