Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciativa parlamentaria no Congreso

O BNG reclama o apoio na ONU a unha resolución contra o bloqueo a Cuba

Francisco Rodríguez rexistrou unha petición no parlamento español neste senso, e remitiulle unha carta ao ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos.

Redacción - 12:39 26/10/2007

O BNG reclamoulle ao goberno español que na vindeira Asemblea Xeral da ONU, que terá lugar o vindeiro martes, apoie unha resolución para que Estados Unidos levante o bloqueo económico que mantén sobre Cuba dende hai máis de corenta anos.

A través dunha iniciativa parlamentaria no Congreso, o voceiro nacionalista, Francisco Rodríguez, recordou que a ONU xa aprobou quince resolucións neste senso e criticou "o desprezo do presidente estadounidense, George Bush, á opinión da inmensa maioría dos estados".

O parlamentario, ademais, remitiulle unha carta ao ministro español de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, para pedirlle que avale esta resolución. "Trátase de contribuír a acabar cunha guerra económica que prexudica gravemente ao pobo cubano", alertou.


5/5 (2 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 26/Outubro/2007 ecoe

O primeiro desprezo de Bush é para os cubanos, e tamén para a intelixencia, pois calquera sabe que un país NON TEN QUE INTERFERIR NO DESENVOLVIMENTO DE NINGÚN OUTRO (antes chamouse principio de "non inxerencia"). Menos ainda si o país intervinte é o centro do Imperialismo Mundial.

O discurso de este sr. é patético.

Barcelos #2 27/Outubro/2007 Barcelos

Castigar a unha poboación porque non gusta o seu gobernante é un auténtico xenocidio.

Os habitantes de Cuba, Afganistán, Irák, Iran, Turquía, Serbia, Croacia, Bosnia, España e ata EE.UU. non todos teñen a culpa de quen os gobernan e non merecen nunca ser masacrados nin privados de alimentos, medicamentos, etc.

En todo caso, a ONU terá que sancionar ou castigar aos seus gobernos, pero nunca aos pobos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: