Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis protagonismo para os concellos

O BNG propón importar o modelo catalán de deputacións

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, afirmouno así logo da visita do presidente da mesma, o socialista José Manuel Gómez Besteiro, a Barcelona.

Redacción - 09:30 27/10/2007

A Deputación barcelonesa, segundo o presidente da luguesa, é "un referente no panorama das administracións provinciais de España".O vicepresidente Antón Bao una considera que o modelo catalán sería extrapolábel ao noso, no camiño dunha "nova estrutura territorial galega en que as comarcas sexan o eixo vertebrador".

A liña catalá diríxese á conversión das catro deputacións en sete veguerías, un concepto moi achegado ao noso das comarcas, segundo Bao. O nacionalista afirmou tamén que os obxectivos deben encamiñarse a concederlles o máximo protagonismo aos concellos, e que as deputacións se ateñan ao ámbito competencial mínimo, sen exerceren “competencias xa atribuídas ao goberno galego”. A este respecto, salientou tamén a necesidade dunha lei que coordine o goberno das deputacións co do goberno autonómico.


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (4)

guillerme #1 27/Outubro/2007 guillerme

Aquí non precisamos para nada as deputacións.

BonKarallan #2 27/Outubro/2007 BonKarallan

Tes razón

"De putadas", xa aguantamos bastantes.

Os cataláns teñen modelos moi feudalistas.

ecoe #3 28/Outubro/2007 ecoe

abaixo deputacións

ze_lois #4 28/Outubro/2007 ze_lois

Para cando a reordenación territorial galega?
xa vai sendo hora de eliminar as anacrónicas, caciquís e custosísimas deputacións?
É tempo de reagrupar concellos naquelas comarcas alí onde o decidan os seus cidadáns (por exemplo, onde eu vivo, estou a prol do "Concello da Louriña" formado polos actuais concellos de Mos e O Porriño).
Trescentos e pico concellos para un país da extensión do noso me parece, cando menos, desproporcionado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: