A organización estudantil ten convocada unha folga xeral nas tres universidades do país contra a suba das taxas. Polo de agora xa conseguiron unhas 7 mil sinaturas de apoio.
As mobilizacións comezaron este mes en varias comunidades do Estado. As primeiras foron en Castela-León, despois en Canarias e Barcelona, e este mércores 31 de outubro os Comités Abertos de Facultade (CAF) organizan unha folga nas tres universidades galegas, con concentracións en varios campus e actos programados en todos eles.
Baixo o lema "Paremos a suba das taxas", os membros dos CAF agradan ter o máximo seguimento por parte do sector estudantil galego, xa que están protestar por cousas que a todos lles afectan.
Este ano as taxas públicas da universidade subiron dous puntos por riba do IPC, e xa é o sexto ano consecutivo que aumentan. Tamén se acrecentou o prezo da segunda, terceira e cuarta matrícula (un 15, un 35 e un 50% respectivamente), de tal xeito que se se suspende unha materia, a matrícula seguinte sae máis cara. As explicacións que a Consellaría e o Ministerio de Educación fan da suba das taxas pasa por escusarse na necesidade de que mellorar os expedientes do estudantado, mais para os CAF hai detrás unha razón encuberta: buscar novos xeitos de financiamento para o sistema educativo universitario, e andar un chanzo máis nas arelas privatizadoras estatais e europeas do Proceso Boloña.
En Vieiros falamos de todo isto con Gael González, responsábel nacional de Organización dos CAF-CAE.
Vieiros: É a primeira vez que os estudantes teñen que pagar pola segunda, terceira e mesmo cuarta matrícula, que pensa que hai detrás de todo isto?
Gael González: Nós entendemos que a escusa que poñen para subir as taxas é falsa. Están a argumentar que as taxas soben porque así asegúrase que o estudantado aprobe máis, pero non escapa do entendemento de todo o mundo que calquera pode suspender unha materia, sobre todo en carreiras técnicas, e que se chegue a facer unha cuarta matrícula non é nada estraño. Pásalle a xente cos mellores expedientes.
Todo isto está enmarcado nunha política estratéxica do Estado Español e da Unión Europea, guiada por Boloña, e que consiste en que o estudantado sufrague parte do custo económico do sistema educativo. Hai un claro afán recadatorio, que non se serve de ningún criterio, como ter en conta o nivel de renda dos estudantes no momento de lles cobrar o acceso a un servizo público.
Resulta incríbel que sexa agora o PSOE quen aplica esta normativa, cando non apoiou o plan das universidades galegas -onde, ademais, subiron as taxas por riba do acordado- e cando criticou as mesmas medidas, cando foron adoptadas polos goberno do PP.
Daquela, na súa opinión, o que se pretende é desenvolver un plano de financiamento encuberto das universidades. Cre que tamén se está convertendo a educación pública galega nun servizo excluínte?
Dende logo, esa é a pretensión, en Galiza, no Estado e en Europa. O que están facendo é que non todo o mundo teña acceso á universidade e tampouco ao mercado laboral. Non lles convén ter poboación especializada, e por iso un dos programas con taxas máis altas son certos posgraos de especialización, aos que non todo o mundo pode acceder.
Neste sentido, dende os CAF critican que se lles está pedindo máis por menos, e entre algúns dos servizos dos que se ven privados destaca, por exemplo, o feche de varias prazas no Sistema Universitario de Residencias da USC...
Pero non só podemos falar so SUR na USC, (no que por certo pecharon 350 prazas sen ningún tipo de explicación e sen tremerlles as mans), senón tamén das empresas mixtas que creou esta universidade (as UNIS), ou a entrada pola porta grande das empresas na universidade, como se pode apreciar na cesión da xestión dos comedores universitarios a empresas, e nalgunhas aulas de informática, que controla o Banco Santander Central Hispano, por exemplo.
Todo isto está directamente relacionado co Proceso Boloña, que, por certo non articula nin unha soa medida para mellorar a calidade da docencia. Hai medidas mínimas para asegurar a calidade investigadora, pero non a docente, e hai carreiras onde hai materias que son case imposíbeis de sacar adiante, como por exemplo Dereito Romano en Compostela, Historia do Dereito e Sistema Fiscal Español na Coruña, ou calquera das titulacións técnicas da Universidade de Vigo (Peritos, Minas, Industriais...). O ratio profesor-alumno é baixísimo, e isto debera mellorarse.
Pensan ter o apoio de gran parte do estudantado para a folga do día 31?
A acollida da nosa campaña entre o estudantado galego foi boa. Vimos de recoller sinaturas nas tres universidades, e debemos andar polas 7 mil. Fomos capaces de levar a campaña a todos os campus do país e o día 31 vai haber actos en todos.
Ademais, solicitamos unha reunión coa conselleira de Educación e outra con Vicepresidencia, para explicarlles a postura do estudantado, contraria á suba das taxas (deixando claro que se enmarcan nunha política estratéxica, porque xa levan varios anos seguidos a subilas).
A Vicepresidencia ímoslle solicitar os traspaso de competencias a Galiza en canto á administración das bolsas. Creemos que é fundamental que sexan subministradas pola Xunta, xa que, por unha banda é o Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) o que concede as bolsas, que son as únicas que te eximen de pagar as taxas, que, por outra banda, concerta a Xunta. Se é a Xunta a que concerta os prezos públicos, tamén debera ser a que decide quen ten que pagalos.
E o apoio doutras agrupacións e asembleas de estudantes?
O Sindicato de Estudantes apoiou a convocatoria de folga, e logo, ademais da Asemblea de Estudantes da USC (que non tivo moita incidencia no campus compostelán dende que comezou o curso), non hai moito máis. As organizacións vinculadas ao PSOE está claro que non nos van apoiar, mais hai organizacións de estudantes dalgún centro que tamén mostraron o seu apoio.
Na Coruña imos ver esta semana se conseguimos que a universidade se declare contraria á suba das taxas. Imos levar un escrito ao claustro e alí estarán todos os representantes claustrais, que son 75, polo que pode que se aprobe o escrito. Nas Universidades de Vigo e Santiago probabelmente sexa rexeitada esta proposta.
Hai moito novo rico e non interesa facer un ensino para todos e en igualdade, é moito mellor que os que teñen cartos ou padriños poidan acceder as carreiras que lle interesen e a xente con menos recursos que so poidan ocupar as carreiras que estes novos e vellos ricos non desexan para os seus fillos.
A igualdade no papel soa moi ben, pro conseguila non é nada doado e posiblemente cando un chega arriba tampouco interesa que se consiga.
Welcome to Bolonha!, a LOU só era a pontinha do iceberg. Parabéns, sumisos estudantes, contemplaréis a desaparição da universidade como instituição cultural para se converter numa empresa semipública de serviços às outras empresas. Não perdais a visão global do problema.
A greve é simbólica. A situação talvez requira medidas um bocadinho mais radicais.
Concordo con mceleiro, há mais coisas que fazer! e entre elas nom está fazer umha greve o 31, aproveitando que o dia seguinte é festa! assím sim que vai ser secundada... polos centos de alunos que piraram para a casa dos papas!
Claro que non é útil facer unha folga polas Taxas, hai miles de cousas que facer antes que unha folga polas Taxas, é incríbel que haxa xente que diga iso.
Adiante coa Folga contra a suba das Taxas!
Adiante cos Comités!
Certamento não é inútil. Sairás na TV, movilizas aos companheiros e mentes ruido na pre-campanha eleitoral. Mas importa algo?. A lógica duma greve é paralisar a produção e dar perdas ao capitalista. Dinheirinho, o único que entendem. Fóra disso podes patalear até rebentar. Mas o estudantado participa da produção? A quem fodes? É algo simbólico e estético.
Igual o que fode é paralisar o cobro das mesmas. Então as entidades financeiras às que a universidade agasalha durante uns meses com grandes cantidades de capital para as suas inversões não têm o efectivo que calculam, e se endeudam. Ou perdem fiabilidade financeira. Isso si que fode. Mas é um bocadinho mais dificil que convocar uma greve na que a maioria dos alunos se irão de ponte e o resto se divirtirá lançando consignas e portando pancartas.
Libertarás as tensões coma no estádio de fútebol berrando ao árbitro. Nada mais.
Eu não estou em contra da greve. Acho-a insuficiente.
E lembrar que a Junta, co-governada pelo BNG tem competências em Educação. Ante Bolonha, todos desmovilizados. Comença o ano escolar conhecendo-se a suba e nada. Agora que as matrículas estão feitas sai a protesta. Sospeitoso. Animo aos CAF a que se molhem.
Quando estás da parte do poder, é difícil que te molhes... eu acho que há mais assembleias do que os CAF, que nom tenhem aos seus ídolos no poder.
Alguém ignora ainda o papel de "dique de contençom" que jogam os CAF na Universidade?
Alguém ignora que isto nom é mais do que um espectáculo para aparentar que umha organizaçom completamente amordaçada polo sistema pode seguir viva 22 anos após?
Que fam os CAF com independência da UPG? Que fam com dezenas de estudantes e mobilizaçom por ano com permissom de papá?
Acho nom; sei que há colectivos que luitam muito mais exemplarmente na Universidade do que estes candidatos a secretários gerais...
Dicir que eu son nacionalista, pero ós CAF nin en pintura. É mais, teño coñecido algún caso destes "loitadores" na faculdade de politicas. Que se pasan dous días antes das elecccións a pedir o voto, fan os exames en español (A gusto do profesor) e a única liberdade que buscan, é a Liberty os xoves á noite...