Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fuso horario

Jorquera volve pedir que Galiza adopte a súa “hora natural”

O senador do BNG presentou unha pregunta no Senado xustificada no escaso aforro enerxético que supón para o país o cambio de hora.

Redacción - 16:40 29/10/2007
Mapa de fusos horarios e horas oficiais en Europa

Mapa de fusos horarios e horas oficiais en Europa

Un día despois da volta ao horario de inverno, o senador do BNG Francisco Jorquera presentou unha iniciativa no Senado para pedirlle ao goberno español que Galiza adopte a súa “hora natural”. Jorquera xustifica a medida “para mellorar deste xeito o aproveitamento da luz solar, coas múltiples vantaxes que isto suporía para a sociedade galega, dende un maior aforro enerxético até a súa repercusión no conxunto da economía e nunha mellora da calidade de vida”.

Segundo os datos achegados polo senador, o cambio de hora só lle supón a Galiza un aforro do 1% no consumo de enerxía, fronte ao 5% do conxunto do Estado Español: “O noso país está situado nun fuso horario que xeograficamente non lle corresponde”, xa que se atopa no mesmo meridiano que Portugal e Irlanda, polo que lle correspondería a mesma hora.

Jorquera conclúe: “O factor enerxético vénse así a se engadir a outros moitos que xustifican a necesidade de que Galiza adapte o seu horario á súa hora natural”. Por iso, pregúntalle ao goberno español se cre que o escaso aforro de enerxía en Galiza se debe a que a súa hora oficial non se corresponde coa natural, e se considera necesario atrasar unha hora coas múltiplas vantaxes que suporía para a sociedade do país.


4,67/5 (15 votos)

Comentarios (20)

verdecanal #1 29/Outubro/2007 verdecanal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Hora natural"!. Si se entende que temos que tomar a hora SOLAR (do sol, reloxo NATURAL e que nos marca o ritmo diario de todos os seres vivos na terra), efectivamente teríamos retrasar nunha hora o noso reloxo. A cuestión é que Madrid está adiantada unha hora con respeto ao sol, Lizarra ten adiantada nunha hora, e casi toda Cataluña está unha hora adiantada. E dicir, a cuestión da hora, non é un problema Galego, senón que é unha cuestión de todo o territorio da península ibérica.

Por outro lado, ¿quen aforra a 1%? Para acadar os aforros enerxéticos expresados, habería que mudar toda unha sociedade, cousa que ata o de agora non o conseguiu nin en cuestións parciais. ¿Nestes intres non hai político que se atreva a facer isto.

rober #2 29/Outubro/2007 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boa precisión, verdecanal. Como en Madrí queren ir coa hora de Berlín, para seren máis europeos, nós a apandar. Se non queren que teñamos a hora de Portugal, Canarias, Irlanda e Gran Bretaña non vaia ser que se nos suba á cabeza ...), poderiamos adopta-la todos xuntos. Mais non queren iso tampouco. A min e a moita xente fainos mal este horario de poñerse a funcionar moito antes de que saia o sol, non é bon para a saúde. Non nos consideran.

moledo #3 29/Outubro/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 "a cuestión da hora, non é un problema Galego, senón que é unha cuestión de todo o territorio da península ibérica." hom, há partes da península ibérica bem mais afectadas pelo assunto (nós), do que outras (Madrid)...E outras zonas na nossa posição geográfica com estado próprio (Portugal) que o têm resolvido, vantagens de não ser uma colónia espanhola.

Uma pergunta: haverá também isolinos horários, não é? Temos a hora que temos por evolução endógena do nosso fuso horário, pelo menos desde o século XV ou XVI :)))

mceleiro #4 29/Outubro/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Muito bom o dos isolinos horários, moledo!!!!

Hahahahahaha!!!

Gaviotero #5 29/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El BNG, que todavía vive en la época de los suevos, es el que debería actualizar su reloj a la "hora natural".

Garrano #6 29/Outubro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois os que viven na época dos visigodos tiñan que parar o seu reloxo e pasar á "hora natural", a que rixe nos camposantos.

Pedrel #7 30/Outubro/2007 Pedrel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sempre que leo comentarios axeitados sobre unha nova, aparecen os que parecen contratados para amolar. Fanáticos españoleiros, digo eu? Non. Nin chegan a iso...
Bástalles con censurar todo o que faga o BNG pois temen a "ruptura da Espanha"
O día que o corvo lles pique no ollo, dirán que foi mandado polo BNG. Lástima de ave intelixente que non se deixa mandar tan facilmente!!!!

Gaviotero #8 30/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Y algunos parece que ante la falta de argumentos sólo saben insultar. Normalmente, bloqueiros.

condedecotobade #9 30/Outubro/2007 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que non é normal é que Galiza tenha o mesmo fuso horaio ca o leste de Polonia cando hai case tres horas de diferenza solar. É normal que o BNG defenda que Galiza se adapte ao seu fuso horario para aproveitar mellor a luz do sol. A ver se os espanhois fan o mesmo porque tampouco están na hora que lles corresponde.

Gaviotero #10 30/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los españoles tenemos cosas más importantes que variar el huso horario. De hecho, estamos en el huso horario europeo, lo cual nos reporta innumerables ventajas en cuanto a coordinación de horarios con el resto de Europa en transportes, laboralmente, etc.

La cuestión es ver más allá de nuestras narices o, como en el caso de los nacionalistas, querer centrarse exclusivamente en la diferencia porque sí.

Pues va a ser que no. Propuestas como estas únicamente sirven para recordarnos el carácter folclórico del nacionalismo gallego.

Garrano #11 30/Outubro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os galegos temos cousas máis importantes que facer que estar sacrificando a nosa saude no interese de España, e dixen ben a nosa saude, pois está sobradamente estudado o trastorno que isto conleva na alteración do metabolismo natural das persoas e sobre todo dos nenos. Portugal ten a maior parte das suas exportarcións comerciais con España e hai anos experimentou manter o horario español, os resultados foron tan nefastos que voltaron ao horario GMT.0. O caso é que se o conxunto do estado cambiase a hora a GMT.0 ninguén sairía perxudicado (nin tan sequera nas Baleares ou Murcia), mais coa situación actual Galiza resulta moi afectada polo desfase horario.


Outros, entrementres, dalles igual Galiza e aproveitan a mínima para soltar sandeces e atacar ao nacionalismo sen reparar no argumento que conleva a proposta. Mais non vos preocupedes, fannos un favor, vese aquí cal é a actitude de boa parte de España e dos españois para con Galiza e pouco a pouco a xente vai tendo as cousas máis claras. Se non mirade pra a enquisa que está a facer La Voz na sua edición dixital, o ano pasado coa mesma pergunta arrasaban en votos dos contrarios ao cambio do fuso horario, agora gañan sobradamente os favorabeis. Porque? dirán algúns, pois porque hai argumentos sólidos detrás e vanse coñecendo. En Barcelona só teñen que erguer unhas semaniñas aos nenos de noite para ir ao colexio, en Galiza facemos iso durante boa parte do ano e iso conleva consecuencias para a saude dos nenos, por non falar xa do consumo enerxético. E non só isto, hai moitas máis razóns.

Garrano #12 30/Outubro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Logo están os parvos coma este Dominguz de Vigo que nin sabe botara sa contas. Mirade o que di no foro de "La Voz":
"...a nivel de negocios galicia quedaria desfasada, cuando nosotros habrimos la puerta el resto de españa esta cerrado y cuando nos bamos ellos auncontinuan seria perjudial para los negocios..."

Agora en serio, cando un sae do curre en Vilafranca do Bierzo, en Tapia de Casariego ou en Grandas, aonde vai facer a compra? Ao super que fecha dentro dunha hora ou na Galiza onde en lugares de ser as 9, ao ter unha hora menos, ainda son as 8?

trapalleiro #13 30/Outubro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si, máis importantes incluso que interesarse polo cambio climatico, xa o dixo Rajoi , ese lider tan carismático, o realmente importante é poñer banderas nos concellos..

carlosroca #14 30/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro Gaviotero, polo horario español temos que fodernos e erguernos a metade do ano de noite, e tres a catro meses non se fai de noite antes das 10, notase que non tes que entrar a traballar nin as 6 nin as 7 da mañá.
Que racionalidade pode ter un fuso horario no que Berna e Vigo comparten os mesmo horario, con máis de duas horas de desfase real!!!
Horario galego xa!, o mesmo que as illas españolas, britanica e irlanda, e que Portugal.
A nosa saúde está por encima de calqueira consideración...ainda que España non lle importe nada... o mesmiño que case todo o Noso.

carlosroca #15 30/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Trabuqueime, a cousa é pior, chegamos a ter o mesmo horario que Polonio, Hungria, case tres horas de desfase real!!!

Por unha vez os ianquis son máis racionais que os europeos....

condedecotobade #16 30/Outubro/2007 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, eu non imaxino que lles digan aos de LA que tenhen que ter a mesma hora ca en Boston.

eugalego #17 30/Outubro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Á MERDA COM ESPANHA.

NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.

Barcelos #18 30/Outubro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E Tunisia tamén ten a mesma hora.

Supoño que non debía haber problema de modificar a hora, xa que en Galicia amence unha hora máis tarde que en Catalunya.

Se non hai máis remedio, modifiquemos os horarios de traballo e adaptemos a nosa vida á hora solar.

Barcelos #19 30/Outubro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero: os canarios tamén son españois e teñen unha hora menos. Cales son os teus argumentos?

Galiza ten a mesma hora solar que Canarias.

lavesedo #20 30/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#12 ,Garrano, Tapia de Casarego, que é o topónimo galego. Polo demais, dacordo, de feito xa van os de Tapia, Navia ou A Veiga ao eroski de ribadeo,(o final levan os cartos os de sempre) :)))

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete