Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA FORZA POLÍTICA

O Movemento pola Base aposta na súa asemblea constituínte por rematar coa “deriva” do BNG

A organización considera que se “está a renunciar aos principios transformadores e de superación do actual marco político e xurídico”.

Redacción - 18:03 29/10/2007

Logo de que se creara hai algo máis dun ano como colectivo crítico de cara a última Asemblea Nacional do BNG, o Movemento pola Base culmina o proceso para se converter nunha organización política. Este domingo celebrou a súa asemblea constituínte no municipio de Teo.

O MpB defínese como unha “organización da clase traballadora que asume como principios e obxectivos os intereses estratéxicos da clase obreira galega”. Segundo un comunicado feito público este luns, a meta última é lograr a “independencia nacional e a transformación e xustiza social”.

A pesar de manter a vontade de traballar dentro das estruturas do Bloque, o MpB non aforra críticas á praxe actual da organización frontista. Por iso, entenden que o obxectivo prioritario debe ser “rematar coa deriva liquidacionista que a quere homologar a calquera outra forza política do sistema e renunciar aos seus principios transformadores e de superación do actual marco político e xurídico”.

A Mesa Nacional da organización está composta por: Paulo Paio Rubido, Rafael Peña, Marcos Botana, Xavier Álvarez Carriba, Pilar Rodríguez, César Caramés, Miguel Anxo Abraira, Manuel Mera, Antolín Alcántara, Uxío Breogán Diéguez e Inacio Luxilde. A este grupo sumaranse outros doce vocais en representación das comarcas.


Un proceso de máis dun ano

A asemblea constituínte do Movemento pola Base é un paso máis da reorganización interna do BNG logo da competida Asemblea Nacional celebrada en decembro do ano pasado. Hai que lembrar que naquela ocasión foron catro as candidaturas presentadas ao Consello Nacional: A denominada “oficial” (encabezada por Anxo Quintana e apoiada pola UPG); a do Encontro Irmandiño (liderada por Xosé Manuel Beiras); a da Alternativa (con Charo Fernández Velho, á fronte); e a presentada polo Movemento pola Base, nucleada arredor do sindicalista Fermín Paz Lamigueiro.

Naquela asemblea o MpB conseguiu o 10% dos votos da militancia o que lle serviu para acadar cinco representantes no Consello Nacional (A candidatura “oficial” logrou 31; Encontro Irmadiño, 9 e A Alternativa, 5). Boa parte dos afiliados que se adscribiron inicialmente ao Movemento tiñan militado con anterioridade na UPG e proviñan do sindicalismo nacionalista.

En xullo deste mesmo ano, tamén o Encontro Irmadiño anunciaba que estaba a preparar unha asemblea constituínte que se celebrará cara final de ano. O colectivo liderado por Beiras tamén esixe un maior peso das teses soberanistas dentro do BNG.


3,6/5 (30 votos)


Comentarios (12)

moledo #1 29/Outubro/2007 moledo

Avante, "Liberados" pola Base! A FPG e as Redes Escarlata aguardam-vos... total, no quadro de pessoal da CIG (financiamento espanhól!)já estais quase todos mantidos e "lutando contra a deriva".

SUPERAR MARCOS (políticos e xurídicos) NÃO.
SUPERAR QUADROS (políticos e jurídicos)SIM!

Lidor #2 29/Outubro/2007 Lidor

Non dubides en unirte a eles, moledo. Fan falta enxeños políticos sutís coma o teu.

Debía existir un comisario lingüístico portugués en cada asemblea de Galiza, para que non se desviase a cuestión fulcral con outras parvadas.

Vai e dillo aos sindicalistas da CIG, dilles que son uns corruptos financiados por España. Leva casco.

moledo #3 30/Outubro/2007 moledo

#2 Os da CIG-Ensino, esses que conseguiram provas à parte para os interinos, penso que não levam capacete. Os da CIG-Administração, outros lutadores, capacete também não usam... M. Mera (penso que tampouco). Os dos "servizos de normalización" do sindicato, levam eles "casco"?

Lidor #4 30/Outubro/2007 Lidor

Ti desde logo si que nunca levaches casco. Eu falábache de CIG-Mar ou de CIG-Metal, veña, vai alá dicir o mesmo que vomitas aquí sen ensinar a patiña.

diegosm_gz #5 30/Outubro/2007 diegosm_gz

O reintegracionismo lingüístico é transversal a muitas opçons políticas, dentro e mesmo fora do nacionalismo, assim que melhor nom desviar o tema... E claro, no MpB militam reintegracionistas e nom reintegracionistas, como em muitas outras organizaçons

moledo #6 30/Outubro/2007 moledo

#4 Aqui a patinha tu tampouco a amostras. E não tens nem ideia de se levo ou não capacete, companheiro. Eu o único que digo é que não me parece consequente falar desde a CIG acusando de "derivas" depois de ver como se conduzem os de CIG Ensino, CRTVG, Administração Pública...Não há CIG, existem distintas CIGas, sem ligação, franquias, e também existe um aparelho funcionariado dentro dela que desde a segurança do seu posto de-por-vida no sindicato gosta de detonar o BNG com exigências de máximos, para competir com CC.OO e manter-se sempre "críticos" com o poder. Penso que a crítica, a auto-crítica deveria começar por muitos funcionários da CIG, e das actividades das suas federações, que levam ao seu rego interesses corporativos disfarçados de "denuncias da deriva" do BNG. Ou é que se alguém denuncia o comportamento da CIG-Ensino ou Administração "vomita" enquanto eles "advertem da deriva"?

eugalego #7 30/Outubro/2007 eugalego

Atalho de parvos.

Tráta-se de conqueri-lo poder, e pra isso hai que facer algum sacrifício.

Se nom facemos coma Nós-UP, mantendo os princípios inalteraveis e assim lograr uns magníficos 1.700 votos em todo o pais.

Hai que supera-los 13 deputados de 75, os 2 no Estado de 26, conqueri-los 500.000 votos...

Com parvos coma o Movemento pola Base só hai inmovilistas. Só hai que ve-los éxitos electorais da FPG. Tráta-se nom só de governar, hai que se-la 1a forza política, ganha-las eleiçons. Se nom pra isso facemos um debate na minha casa os sábados pola tarde.

O Movemento pola Base que se vaia a Movemento polo Cu.

lavesedo #8 30/Outubro/2007 lavesedo

Mimá eu galego!!
Entón que se pasen ao castelán agalegado, á baixada de calzóns, á política servil co poderoso e ruín co pobo, a negación do progreso, dos avances da ciencia, a unha política de dereita pura e dura, vaia, iso faino o PPdG e tenche os 500.000 votos, non si? ou...
se "se trata de conqueri-lo poder", que formen un grupo armado e dean un golpe d estado, ditadura e avante!!
Valente discurso político o teu, chiño!!
HA HA HA

El_Uali #9 30/Outubro/2007 El_Uali

Sem dúvida a estratégia de aceitaçom do sistema e renúncia aos princípios fundacionais do BNG está a dar-lhe excelentes resultados ao nacionalismo oficial.

Por nom falar já da evoluçonm do apoio social real, de base, do nacionalismo, podemos falar do único que lhe interessa a quem dirige agora mesmo o Bloco, o eleitoral. Pois bem, falemos de eleiçons e de representaçom institucional: o BNG tem agora mesmo tantos parlamentários (13) como em 1993. Nas últimas gerais, o BNG tivo menos votos nom só que em 2000, mas também que em 1996! Todo um sucesso da estratégia de moderaçom da UPG e o Quintanismo.

louzara #10 30/Outubro/2007 louzara

a pa pregunta é: Queredes ser algún día forza de goberno ou seguir sendo os de sempre?. Para conseguir o poder o Bloque ten que seguir este camiño.....

Fouce #11 31/Outubro/2007 Fouce

Sempre é unha boa nova que militancia nacionalista teña vontade de colaborar na reconstrución nacional. A falta de complexos que demonstra o MPB, cando menos e polo momento, sobre o papel a respeito da reclamación dunha Galiza ceibe é de celebrar. Estarei pendente do que fagades... logo de ficar farto de tanta rebaixa dos que foron as nosas reclacións históricas... como militante que estiven no SOG, a AN-PG, a UPG... vexo con bons ollos a vosa iniciativa. Avante!

Fouce #12 31/Outubro/2007 Fouce

Sempre é unha boa nova que militancia nacionalista teña vontade de colaborar na reconstrución nacional. A falta de complexos que demonstra o MPB, cando menos e polo momento, sobre o papel a respeito da reclamación dunha Galiza ceibe é de celebrar. Estarei pendente do que fagades... logo de ficar farto de tanta rebaixa dos que foron as nosas reclamacións históricas... como militante que estiven no SOG, a AN-PG, a UPG... vexo con bons ollos a vosa iniciativa. Avante!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: