Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusados de "danar a imaxe do país"

Detidos na India activistas da "Campaña Roupa Limpa"

Denunciaban os abusos laborais de empresas internacionais que fabrican prendas na zona.

Redacción - 09:00 30/10/2007

"Están usando os xulgados para tratar de calar os colectivos que na India e Holanda están denunciando as graves violacións dos dereitos dos traballadores en fábricas que producen prendas para empresas como Armani, G-Star, Rare, Guess, Gap e Mexx". A queixa está recollida na web da propia plataforma Campaña Roupa Limpa.

Trátase dunha campaña internacional despregada co obxectivo de facer presión para a mellora das condicións de traballo na industria téxtil. Activistas holandeses vencellados á campaña realizaran nos últimos tempos as súas denuncias a pé de varias factorías da India, acusadas de prácticas abusivas sobre os traballadores.

Un xulgado de Bangalore iniciou accións contra os activistas, apoiando as denuncias das empresas e sostendo ademais que a Campaña Roupa Limpa tería o obxectivo "indirecto" de danar a imaxe do país. Paradoxalmente, mesmo o goberno indio lle enviou unha comunicación ao respecto ao comisario europeo de Comercio Exterior, Peter Mandelson, e ao ministro holandés de Exteriores, queixándose dos problemas presuntamente causados por estes colectivos á actividade comercial na India das multinacionais téxtiles.


3,4/5 (5 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 31/Outubro/2007 COUTOVEN

Esta é unha verdade crúa e dura na India. Pero só na India? E onde quedan outros paraísos da explotación por exemplo a China. Onde as mesmas empresas e os mesmos patróns explotan aos homes do xeito máis miserable e inhumana.

A explotación do home xa sexa por particulares ou o estado, é un delito. Moito máis no caso de nacións que proclaman a “ditadura do proletariado” como a súa razón de ser e existir. Onde o certo é que pasamos de explotadores capitalistas a explotadores gobernamentais. Iso si, sempre en nome do socialismo e de calquera causa nobre, a cuxo acubillo non faltan políticos inescrupulosos que xogan cos pobos e manipulan as súas conciencias con migallas e son aplaudidos por intelectuais, xornalistas e políticos nacionais e estranxeiros que non lles importa para nada a desgraza dos pobos xa que as súas conciencias están nubradas polo diñeiro do tirano de quenda.

O socialismo verdadeiro é aquel que pon os intereses da comunidade por encima dos particulares.

Dubiden do que di ser socialista e sempre quere estar en primeira plana.

Dubiden do socialista que non cre nin practica a alternancia política.

E dubiden máis do dirixente que afirma ser socialista cando pretende que o seu nome sexa venerado e que ante a discrepancia só responde con descualificacións.

Estes non son socialistas, son seres mezquinos que condenan aos seus pobos á miseria.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: