Unha empresa de Valencia deseñou o logo para a celebración.
Logo do aniversario da cidade
As cousas, polo menos lingüisticamente falando, comezan a mudar un pouco na cidade herculina. Un exemplo é a conmemoración dos 800 aniversario da cidade que se celebrará ao longo do ano que vén. Unha empresa de Valencia foi a encargada de deseñar un logotipo no que só figura o topónimo oficial da cidade.
O Concello da Coruña vai pór en marcha unha mostra na que se ensinará o decorrer histórico da cidade, dende os tempos de Afonso IX até a actualidade. Os comisarios da exposición serán Xosé Manuel Sánchez Chouza, Alfredo Vigo Trasancos e Xosé Ramón Barreiro Fernández.
hai que ter collós para ir a Valencia e que fagan un logo tan feo e impersonal coma ese...
cánto cobraron...?
para que estan os deseñadores da terra...?
Quedaron todos coa cabeza aliviada de carallo.
Sí o de buscar o deseño fora non foi mui acertado. A min o logo pareceme soso pero práctico.
O que se ve dende fora do concello da Coruña é que chegaron a un bon punto de consenso duas equipas que, en principio, semellaban inconciliables.O cambio da cor no artigo é un bo guiño.
Decátome agora que A Coruña fundouse en 1208.
Alguén sabe quen a fundou?
Que facía a Torre de Hércules tantos séculos soa, afastada do mundo civilizado = Brigantium?
Vergonza, non só polo logotipo en sí que é do máis simplón, tipos de letra e colorines.. senón por ter que ir ata Valéncia para facelo manda carallo... e logo non hai creativos galegos abondo?
O mellor xeito de celebrar o aniversario seria con Paco Vazquez procesado e inhabilitado
o logotipo e feo feo feo
Home, o logotipo moi bonito non é, e tamén supoño que por aquí algun deseñador habería que puidese facer algo, como mínimo igual de ben.
Pero polo menos poderemos celebrar o aniversario da nosa cidade, e non o de "La Coruña de Paco Vazquez".
Espero que tamén a celebración da "Batalla de Elviña" volva a recuperar o seu nome tradicional e non o que lle puxera o ex-alcalde de "Batalla de La Coruña" (con tal de meter o L...)
Cando os de dentro non se pon de acordo ás veces ten que vir alguén de fóra. Eles non teñen a culpa de ser de Valencia.
Iso non ten nada de malo. Tampouco imos ser autárquicos e aceptamos o de fóra cando é bo, como os espárragos e o "Rioja".
Ás veces o noso tamén se valora fóra. O anti-deslizante dos "encierros de San Fermín" é un invento galego e funciona.
O importante é que sexa o elixido por todos os grupos.
A min non me parece malo, xa se sabe que para gustos se pintan cores, aínda que remataremos véndoo ata no caldo.
#3
Foi Alfonso IX, que lhe deu a categoria de vila e o privilegio de ter feira. Cidade, em termos medievais ainda hoje não é (não tem catedral nem bispo, dai a teima de Paco Vazquez e o Opus em fazer uma). Até aquela a vila era O Burgo, e a grande vila da zona era Betanços, a Crunha era uma aldeia de pescadores em crescimento.
Umha pequena pontualizaçom, sr. mceleiro. Da Galiza é Afonso VIII, pois houvo outro Afonso, que a historiografia espanhola antepõe ao nosso numerando-o com esse número, VIII, que reinou em Castela e nunca na Galiza. Eles dam ao nosso o ordinal IX, cousa que nom podemos admitir. O Afonso IX da Galiza é o rei Sábio, X para eles.
Portanto, Afonso VIII da Galiza (e mais tarde IX de Castela).
Bem, bem, imos por bom caminho. A ver agora quando nos passamos ao "nh"!!