A sala do penal insiste contra a aposta polo diálogo do lehendakari Ibarretxe e dos socialistas Patxi López e Rodolfo Ares, por mor das súas xuntanzas con membros de Batasuna.
Sen acusación particular e coa Fiscalía partidaria de aparcar o asunto, o maxistrado Roberto Sáinz, da Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, teimou este martes en seguir co proceso aberto despois das xuntanzas do presidente vasco, Juan José Ibarretxe, e dos representantes do Partido Socialista de Euskadi, PSE, Patxi López e Rodolfo Ares, con membros da formación ilegalizada Batasuna.
No marco da aposta polo diálogo en favor do proceso de paz en Euskadi e no contexto da tregua da ETA, Ibarretxe tivera xuntanza con representantes de Batasuna en abril de 2006 e xaneiro de 2007. No mesmo escenario, en xullo de 2006, os dirixentes socialistas reuníronse con líderes de Batasuna. Arnaldo Otegi, Pernando Barrena ou Olatz Dañobeitia foron algúns dos interlocutores políticos nestas reunións.
Para cando uns xuices preocupados por capturar delicuentes, deixando os políticos face-lo seu traballo, parte do cal consiste en dialogar para acadar resultados que poidan beneficia-la cidadanía.
A xustiza e con elo os xuices deben ser persoas integras e independentes das ideas políticas trasnoitadas dalgúns.
Ibarretxe e Otegi xogan unha partida de domino nun bar!
ATENTADO Á DEMOCRACIA!
NACIONALISMO EXCLUYENTE!
CADEA PERPETUA!
O dos hespanhois xa é noxento...agora queren encadear os bascos todos?? Presidentes do parlamento basco, políticos e logo que?? Votantes de Batasuna, PNV, PSE-EE, Aralar,..., e que fiquen só os do pp nas aldeas, e ollo que alá quedarían desertas...
Que sistema democrático pode permitir que haxa concellos onde un ghicho que nin coñece a vila, nin fala o idioma dos seus habitantes, sexa alcalde ou concelleiro con apenas o 1 ou 2% dos votos dos veciños?? ¨
Ai canto mediño ten o psoe de perder as eleccións....
caza de bruxas!
O doado e xusto procesalmente é que os acusen de COLABORACIÓN CON BANDA ARMADA, o mesmiño que fan cos independentistas de Batasuna.
É moi ilustrativo un artigo do Profesor de Dereito Manuel F Trillo:
http://www.insurgente...