Os socialistas aseguran que a firma Azvi, propiedade do ex ministro de Aznar, participaba con San José na UTE á que se lle revogou a concesión.
As melloras na vía do Barbanza buscan deter a alta sinistralidade
A polémica Autovía do Barbanza non deixa de dar sorpresas. Logo de que o PPdeG acusara nos últimos meses a Política Territorial de trato de favor na concesión das obras, o voceiro dos socialistas no Parlamento, Ismael Rego, asegura que había razóns ben escuras nesta liorta. Segundo Rego, a postura dos populares débese a que pretendían beneficiar a unha Unión Temporal de Empresas (UTE) participada nun 25% pola empresa Azvi. Os socialistas denuncian que esta última empresa é propiedade de Pío Cabanillas, ex ministro do executivo de Aznar. Rego chegou incluso a acusar a Núñez Feijoo, daquela conselleiro de Política Territorial, de deixar todo preparado para que fora a Xunta actual a que lle adxudicara a infraestrutura ao grupo de empresas conformado por San José e Azvi.
Logo de deixar caer esta grave acusación, socialistas e nacionalistas rexeitaron a creación dunha comisión. A parlamentaria do BNG Carme da Silva subliñou que, con esta petición, os populares só pretendían “torpedear o Goberno”. A deputada aproveitou para denunciar que había dirixentes do PPdeG que tiñan vínculos coa consultura que elaborou o primeiro informe: Eptisa. Segundo os nacionalistas, detrás desta empresa estaría o ex conselleiro de Agricultura Tomás Pérez Vidal e un irmán do anterior delegado do goberno español en Galiza, Arsenio Fernández de Mesa.
De todo o que está sucedendo dedúcense dúas cousas:
1) O bipartito mirou para outro lado, no que respecta á anterior xestión, ata que viu que a dereita non tiña reparos en lanzar bombas atómicas contra as súas posicións. Connivencia, inexperiencia ou as dúas cousas á vez?
2)Hai que ir pensando en habilitar unha Fiscalía Parlamentaria porque, se facemos caso ás cousas que saen no debate político, hai traballo a esgalla para os licenciados en Dereito.
Vendo o que vai saindo por ahi, ademais de trapichear co que era de todos que mais fixo o PPdG nos anos que desgobernou Galiza?
Entendo que esten tan rabiosos por perde-la fonte da chupanda, teñen sorte que ainda manteñen alguns fortins onde enche-lo peto, pro que apuren que van caendo pouco a pouco de todos eles.
O importate é que se esta a romper ejpaña,e mentres os salvapatrias a pillar e pillar cartos coma os Pinochet.
Por que não me surpreende esta informação? Estes tipinhos estiveram anos e anos esbanjando e tirando proveito dos postos, e nós como se chovesse. Isso que tínhamos experiencia, apôs de décadas sob o caudilho. Quando um olha para aqueles anos... Que os que venham não sejam pior!
Não vos lembrais daquela película de Berlanga: “Todos a cadeia”?
e logo aquel rapaz tan atildado e con aquel aire tan pulcro tamén se adica a construcción? eu que pensei que andaría misando por ahí... ah, satanás.
El bipartito lanza acusaciones pero luego no quiere investigar...Está claro quien tiene cosas que esconder respecto a la autovía del Barbanza o...¿deberíamos llamarle la autovía de la corrupción bipartita?
Gaviotero, para ti os do PP son uns santos é o resto son o demo.
Nin tanto nin tampouco, pero mellor calade a boca, que os do PP tendes moito que calar. MOITO!!!
moi certo,os do PP mellor que calen a boca,que eles tamen son moi caralludos
¿Que los del PP tenemos mucho que callar? ¡Jajajaja! Ahora los que gobiernan y deben rendir cuentas son los del bipartito.
Si alguien tiene cualquier asunto que denunciar, que vaya a los juzgados y lo denuncie. A los juzgados, no a la SER o al Galicia Hoxe...
Los que tienen mucho que callar, según parece, son los del bipartito...sí, sí, los vuestros...los que NO QUIEREN COMISIONES DE INVESTIGACIÓN!!!
Eu quero comisións de investigacións, pero... cantas comisións distas habia con governo do PP? coma diria o sr. Aznar "cero patatero"
E refirome a calar cando Baltar quixo dar un golpe de man aproveitando que Fraga estaba nas últimas, cando Fraga afirmaba que os malos tratos dábanse máis nas parellas que non estaban casadas pola Igrexa, cando houbo dous meses onde non se fixo nada có Prestige e Fraga queria bombardear ó buque e Rajoy falaba de plastilina, cando Cacharro Pardo facia e desfacia na deputación até que Fraga foise có vento, cando a política económica na Galiza foi inexistente có governo Fraga (dirás o que queiras pero namentres có governo Aznar notábase no Estado o crecemento económico, eiquí nen papas).
Apliquese o que di o Evanxelio, "quen este ceibo de pecado que mande o primeiro croio".