Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IPCA DE OUTUBRO

Estoupan os prezos: a inflación chimpa en outubro ao 3,6%

A tensión inflacionista estatal aceléranse na recta final do ano.

Xosé Anxo Grandío López - 09:00 31/10/2007
Tags: IPC prezos

Estoupido dos prezos. En outubro, segundo datos provisionais do INE, o IPC elevouse ata o 3,6%, o que sería o nivel máis alto dos últimos 14 meses. Trátase do nivel de prezos máis alto dende agosto do 2006.

A tensión inflacionista do Estado español aceléranse na recta final do ano. O encarecemento dos produtos básicos (leite, pan, cereais…) así como o repunte do prezo da enerxía desencadeou un espectacular suba da inflación no estado, segundo o indicador adiantado IPCA que harmoniza o indicador co resto da zona euro.

A inflación anual estimada do IPCA en outubro do 2007 é do 3,6% fonte ao 2,7% da taxa interanual rexistrada en setembro. Trátase da maior subida mensual deste índice de toda a súa historia.

Este dato pon en xaque a competitividade das empresas do estado español coas do exterior, dato preocupante especialmente atopándonos nun escenario como o actual no que se está a producir unha forte moderación da demanda doméstica.


O IPCA adiantado

Segundo o propio INE, este indicador é elaborado co obxectivo de incorporalo ao cálculo do índice adiantado do IPCA da Unión Monetaria Europea (UME) que publica o Eurostat. A obtención de este indicador avance da UME forma parte da política do Eurostat e do Banco Central Europeo de ofrecer datos equiparables en tempo e calidade cos producidos polos USA.
Este indicador adiantado proporciona únicamente unha información orientativa e, polo tanto, non ten por que coincidir co dato do IPCA. Con respecto a isto pódese dicir que “case” sempre acerta, xa que o proceso de elaboración é o mesmo pero cunha base de datos estatísticos menor.
Os datos definitivos daranse a coñecer o próximo 14 de novembro.


5/5 (9 votos)


Comentarios (3)

outrolector #1 31/Outubro/2007 outrolector

E non van estoupar!

A sociedade hedonista-autista-insolidaria e sobre todo inconsciente, metida cada vez mais nun tren de vida baseado no puto petroleo, os gobernantes ao servizo dos bancos e das grandes empresas (que as campañas electorais van moi caras) ...
Ademais, en outubro "ya es navidad en el corteingles", non é?

BonKarallan #2 31/Outubro/2007 BonKarallan

Non lle botarán a culpa a ETA do estúpido estoupido?

ecoe #3 31/Outubro/2007 ecoe

porque non poden, que si non...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: