A crecente belixerancia do Partido Popular contra as linguas minorizadas tivo cita este martes no Congreso.
"Que se persiga o uso do castelán nos colexios, nos comercios, nos medios de comunicación públicos, todo isto en comunidades autónomas presididas por socialistas, forma parte do seu proxecto de convivencia?". Así llo preguntaba hai poucos días o voceiro do PP no Senado, Pío García Escudero, ao presidente do goberno español. Insistente foi tamén en varias das súas recentes intervencións públicas o líder do PP, Mariano Rajoy, quen a miúdo mesturou as súas arengas sobre nación e bandeira coa insinuación de presuntas agresións ao castelán.
Nesa inercia chegaba o PP este martes ao Congreso cunha iniciativa coa que dicía pretender "garantir o dereito e uso do castelán". Unha proposta que rexeitaron o resto de deputados, agás Coalición Canaria, que se abstivo. Argumentaban os populares que existirían queixas no Defensor do Pobo e na Alta Inspección de Educación que avalarían a denuncia sobre as presuntas ameazas ao español especialmente no contorno da comunidade educativa.
Francisco Rodríguez, deputado do BNG no Congreso, criticou que o PP teimase con esta iniciativa, xa que, na opinión de Rodríguez, o que realmente acontece é un "xenocidio lingüístico" froito das eivas no fomento do galego, catalán e éuscaro. O deputado galego recordou que estatísticas recentes sinalan que en Galiza aumentou o número de persoas monolingües que "só empregan o castelán como medio de expresión".
O mundo ao revés...os xenocidas imperialistas facendo victimismo.
estes do PP vannos matar da risa.. as suas propostas parecen un gag de kukuxumusu..
coma dicia o rei, que a lingua castelá nunca fora imposta jajaja
Noticia falsa. Titular falso. El PP no presentó ninguna moción contra ninguna lengua. Presentó una moción a favor del derecho y la libertad de los ciudadanos españoles a elegir la lengua oficial de su país.
Obviamente, a los totalitarios de siempre la libertad les asusta. Y garantizar los derechos de los ciudadanos es algo que no va con los nacionalismos fascistoides, ya sean catalán, gallego o vasco.
A algunos, de hecho, les van más las pistolas.
juas, juas, sim, agora resulta que en Galicia lle poñen pistolas diante a alguén para que fale galego e non castelán. ¿En que mundo vives gavi? Unha moción como esa sabendo como todos sabemos cal é a realidade lingüística no país vai claramente dirixida a pisar a lingua dos galegofalantes, por se non está suficientemente pisada xa
Aqui aos que lles guastan as pistolas son os que van aos desfiles do 12 de outubro na Castellana. A liberdade que algúns reclamamos é em base a dereitos, dereitos gañados a pulso ao longo da historia que só os bastardos ningunean e pretenden afogar. O galeguismo nunca deu de si ningún totalitarismo, o españolismo pola contra deu varias dictaduras e millóns de mortos, sobre todo nas suas colonias. Cómpre reclamar cada dia con máis forza a liberdade de desenvolver a nosa vida na nosa lingua.
nacionalismo con máis espisodios escuros e de imposicións e obrigas diglósicas que o nacionalismo español non se me ocorren..
Unha das estratexias dos xenocidas, ditadores e demais fauna é intentar converter en verdugo á vítima. O totalitarios que somos vese nesta páxina ao aguantar a un tipo coma Gaviotero, que desgraciadamente non aporta nada a este país nin a ningún outro do mundo. Invadimos un país pola forza, colonizámolo durante uns centos de anos, destruimos a súa cultura, lingua...etc e despois dicimos que eso estivo mal pero que eles teñen que aguantarse así porque non deben facer o mesmo. Iso é dunha perversidade sen límite, iso é nin máis nin menos que lexitimar uns feitos consecuencia dunha imposición e decirlles aos que os sufriron que teñen que quedarse de brazos cruzados.
E con respecto aos totalitarismos ninguén pode darlle leccións aos españois pois teñen onde escoller ao largo da súa reciente historia como Estado (é dicir, desde o século XVIII porque ata ese momento de Estado unitario nada de nada; As coroas de Castela e Aragón mantiñan a súa independencia real incluidas as leis, lingua, e incluso dentro da de Aragón había leis diferentes para os diferentes territorios que a constituían.
Que podiamos esperar dunpartido patriótico español, agora os galegos somos os que temos que decidir a quen votar. Os de dereitas en Galiza deben votar a Terra Galega ou Partido Galeguista se se nacionaliza.
pikolote dijo:
"juas, juas, sim, agora resulta que en Galicia lle poñen pistolas diante a alguén para que fale galego e non castelán. ¿En que mundo vives gavi?"
Me dijeron que en el reino del reves
nada el pajaro y vuela el pez
que los gatos no hacen miau! y dicen yes!
porque estudian mucho ingles
Vamos a ver como es (estribillo)
el reino de reves
Me dijeron que en el reino del reves
nadie baila con los pies
que un ladron es vigilante y otro es juez
y que dos mas dos son tres
Me dijeron que en el reino del reves
cabe un oso en una nuez
que usan barbas y bigotes los bebes
y que un anio dura un mes
Me dijeron que en el reino del reves
hay un perro pekines
que se cae para arriba y una vez
no pudo bajar despues
Me dijeron que en el reino del reves
un senior llamado Andres
tiene 1530 chimpances
que si miras no los ves
Me dijeron que en el reino del reves
una araña y un ciempies
van montados al palacio del Marques
en caballos de ajedrez
María Elena Walsh
jajaja,que "flipaos" estes do PP,e como a gavioteiro lle debe dar vergonza allea pois di que é falso
Menos mal... non quero nin pensar o que pode pasar de gañar o PP as eleccións... mobilización da esquerda xa!
Bem dito Trapalleiro e Guillerme.
Mais o PSOE tamém é antigalego, tamém quere a extinçom da nossa língua e da nossa naçom. Exemplo: "Faro de España", López Orozco, Paco Rodríguez, Ventura Pérez Mariño, Pepe Bono, Ibarra, Dolores Villarino, Pérez Tontiño, Carlos Príncipe...
NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.
O PP évos unha organización partidaria exterminadora das linguas españolas distintas do castelán! Évos moi pouco español! Todo o castelanista que se queira, mais, moi pouco español! (Xa non digamos galego!!). Defende un nacionalismo castelanista absolutamente ilexítimo por anticonstitucional (lingüicida, culturicida).
O castelán, en España, fóra do seu territorio propio só ten lexitimado constitucionalmente un uso EXCEPCIONAL, como excepcional é o uso de calquera lingua allea en calquera territorio con lingua de seu normalizada (Castela v.g.). Correspondendo o uso normal, xeral ou cotián ás respectivas linguas propias de cada territorio (v.g. o castelán en Castela).
O do PP évos puro electoralismo sen ningunha fundamentación en Dereito.