A acusación pública da Audiencia Nacional quérelles aplicar aos presos independentistas penas de entre 18 e 21 anos de cadea, un castigo que Ceivar cualifica de desproporcionado.
Ugio Caamanho e Giana Gomes
A fiscalía da Audiencia Nacional solicitou unha condena de 18 e 21 anos de cárcere para os militantes independentistas Giana Gomes e Ugio Caamanho, respectivamente. Segundo o organismo popular antirrepresivo Ceivar, a condena é desproporcionada e responde á intención da audiencia de impoñer un castigo “exemplarizante”.
A petición baséase nos presuntos delitos de estragos terroristas (15 anos) e utilización dun vehículo roubado (3 anos), que no caso de Ugio se incrementan noutros tres anos de cadea máis por utilización de documentación falsa. Segundo explicou Joam Peres, a Audiencia Nacional de España pretende “exemplarizar, como lle corresponde a un tribunal que está ás ordes do executivo”.
Para Peres, a intención é de “sobrecargar cunha pena desmedida”, porque se trata “de exemplarizar contra o independentismo”, como está a acontecer tamén en Euskadi. Aínda que a condena final se pode ver alterada no decurso do proceso xudicial, as reformas penais vixentes obrigan a cumprir a pena integramente.
O procesamento de Ugio Caamanho e Giana Gomes vén dado pola explosión provocada na oficina central de Caixa Galicia en Compostela o 23 de xullo de 2005. A Xustiza española acusa os dous militantes de seren autores da colocación dun artefacto explosivo que causou danos materiais na sede financeira. Aínda non hai data para o xuízo, mais todo parece indicar que se producirá dentro de escasos meses.
Por suposto, se demóstrase que eles puxeron a bomba, estarei de acordo coa pena.
Esta é a democrácia da Espanha, de Ameijeiras, de Pepe Blanco, Tontiño...
Toda a minha solidariedade com estes dous valentes independentistas. Ánimo, nom estades sos.
NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.
Tamos no de sempre, a "exemplificar" cos galegos... 3 do Eixo baten nun nacional nunha protesta veciñal, para o cárcere sen piedade. Dous independentistas poñen unha bomba nun caixeiro, para o cárcere 20 anos!! mais as condenas non eran para reformar a xente????
O violador do "chándal", 17 violaçons probadas, 16 anos. Menos dum ano por violaçom.
E 20 ANOS a dous companheiros independentistas, por luitar pola independência da Galiza.
Com "Z" de Zapatero.
A condea é elevada, mais luitar pola independencia de Galiza, precisamente luitar... creo que non.
Eu imaxino que si o fiscal pide 20 anos de cárcere será porque este tipo de delitos aparecen así tipificados no código penal...
Se estes dous loitadores non querían arriscarse a pasar 15 dos mellores anos da súa vida no cárcere creo que o deberían ter pensado antes e non ter posto unha bomba nun caixeiro...
¿Non vos parece?
A mim que me expliquem o que aconteceu com esses dous rapazes... QUE ERAM DOUS RAPAZES!!... porque não entendo nada. Levo sem entender nada desde o dia da bombinha.
Estoy más que harto de salvapatrias. El que quiera luchar por sus ideas puede y debe hacerlo sin obligar a los demás. Valientes luchadores. Necios ignorantes. Por qué no se dedican a dar mítines, charlas, presentarse a las elecciones. Ah, que les votan 4 personas. Pues a lo mejor es que sólo 4 personas comparten sus ideas. No escucho más que lloriqueos e información interesada. Si hubiera habido algún herido o incluso fallecido cómo se podría justicar. Decirme cómo se justifica una vida humana.
Lo del fiscal no irá a ningún lado, su trabajo es pedir la máxima pena que al final se quedará en lo siguiente:
15 años extragos terroristas (habrá que demostrar que pertenecen a una organización terrorista, a no ser que sean tan tontos, que suele pasar, de pregonar a los cuatro vientos que sí pertenecen). Vamos que en el peor de los casos les pueden meter 3-5 años por daños y en el mejor ninguno.
3 años vehículo robado (lo mismo de antes habrá que demostrar quién robó el coche). El delito sería robo de uso de vehículo a motor (sí parece de coña pero se llama así) que les podrían meter de 6 meses a 1-2 años.
3 años documentación falsa (falsificación documento público), juas,juas entre 6 meses y 1 año.
Vamos que si su familia se dedicara a buscar un abogado en condiciones, (no uno que base su defensa en chachara de lucha política, represión, etc..) podrían caerles entre 3-6 años. Que al final en 2-3 años estarían en la calle con el 3º grado. Sería interesante saber quién los detuvo. La policía nacional suele tener las detenciones menos amarradas que la guardia civil. Saludos