Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Crearase un Centro de Arqueoloxía Subacuática

O Museo do Mar de Galiza volverá abrir o 21 de decembro

A sala de exposicións situada en Vigo inaugurará unha mostra permanente con 400 obxectos.

Redacción - 13:55 31/10/2007
Museo do Mar / Flickr: Taburete

Museo do Mar / Flickr: Taburete

O Museo do Mar volverá abrir o 21 de decembro para amosar a súa exposición permanente por primeira vez. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, anunciou que as sala viguesa aspira a se consolidar como centro de referencia na súa nova xeira.

No museo amosaranse arredor de 400 pezas que percorren a relación entre Galiza e o mar, que está representado asemade nun grande acuario central. Dende o mes de xaneiro, cando a consellaría acordara coa Zona Franca facerse cargo do museo, estivéronse levando a cabo traballos de reforma das instalacións para que puidesen acoller exposicións.

As principais modificacións foron a mellora do sistema de climatización e a instalación de paneis solares que reducirán a dependencia enerxética da galería. Na actualidade, estase a acondicionar a mostra permanente de cara á súa inauguración no Nadal. A exposición inclúe fotografías, textos, vídeos, material sonoro e pezas de referencia, dun total das 2.000 que forman os fondos do Museo do Mar.

O horario de apertura será de martes a xoves de 10 a 14 horas e de 16 a 20, os venres e sábados de 10 a 22:30 e os domingos de 10 a 21. De cara ao 2008 haberá tamén exposicións temporais. A primeira inaugurarase en febreiro e será a mostra fotográfica Onde o mundo se chama Terranova.

Adicionalmente, a Consellaría de Cultura amosa a súa aposta polo museo coa creación do Centro de Arqueoloxía Subacuática, que se construirá nun terreo anexo á sala. Contará con persoal especializado na realización de traballos de investigación de xacementos subacuáticos e amosará restos de barcos afundidos. Mentres non se conclúe o novo edificio, habilitarase un espazo dentro do museo para acoller o centro.


4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: