Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Simposio educativo

A escolarización inmigrante a debate en Compostela

Un curso formativo prepara aos profesores para abordar o multiculturalismo e coñecer os dereitos e deberes dos nenos que cada ano chegan a Galiza.

Redacción - 11:25 02/11/2007

Un total de 300 profesores asisten estes días ao II Simposio de Escolarización de Alumnado Inmigrante, Emigrante e Retornado, organizado pola entidade Escola Viva co fin de tratar a problemática de escolarizar aos inmigrantes que cada ano chegan a Galiza. Segundo indican os responsábeis deste movemento pedagóxico, no último curso a escolarización de alumnado procedente de países da Unión Europea e do continente africano, incrementouse nun 11 por cento.

O persidente de Escola Viva, Raúl Gómez xunto co secretario xeral da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT en Galiza, Mariano García, coincidiron en afirmar que estas cifras teñen que "facer reflexionar á sociedade no seu conxunto sobre a urxencia de adoptar todas as medidas necesarias para garantir os dereitos dos nenos que chegan a Galiza, co fin de que a súa adaptación a unha sociedade distinta lles ocasione os menores prexuízos".

Puntos clave
Os obxectivos do simposio céntranse no coñecemento da situación escolar dos nenos inmigrantes dende o ano 2005, así como os deberes e dereitos que se lles recoñecen na LOE e no decreto de admisión de alumnos. Falarase tamén sobre as diversas experiencias no eido da escolarización dende hai dous anos e sobre o multiculturalismo e a diversidade cultural na educación actual.

O encontro, celebrado nas instalacións do Hotel Congreso compostelán, está coordinado pola profesora do CEIP Arealonga, Mónica Reinaldo Soto, e conta coa presenza do presidente do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva, Raúl Gómez.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: