Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Información virtual

Foeminas: contra a violencia dende a rede

No mes de novembro son moitos os actos culturais encamiñados a erradicar a violencia machista da nosa sociedade, e así o dá a coñecer a revista virtual Foeminas de Lugo.

Redacción - 09:45 04/11/2007
Foeminas Panorámica

Foeminas Panorámica

Vídeos, cursos, arte e exposicións compoñen un amplo panorama de actividades no que denunciar a violencia e defender a igualdade de xénero. A revista Foeminas de Lugo quere facer fincapé en todos eles, e inaugura unha nova sección en que se darán a coñecer os acontecementos ao redor dos problemas actuais das mulleres. Trátase de Foeminas panorámica.

A violencia de xénero queda ao descuberto no video Subir y bajar difundido pola Fundación Mujeres a través da Internet. Este documento audiovisual quere poñer de manifesto o longo camiño que moitas mulleres teñen que percorrer até que son capaces de dirixirse aos xulgados co fin de denunciar a súa situación. Segundo a directora da Fundación Mujeres, Marisa Sotelo, "para axudar de forma eficaz, é necesario ter unha idea certeira sobre a situación de vulnerabilidade e indefensión persoal na que se atopan". Sotelo quere facer comprender aos espectadores que a causa de que moitas das vítimas retiren as denuncias é a a chantaxe emocional exercida polos maltratadores

Afondando nesta temática, o Instituto da Muller ofrece un curso sobre igualdade e oportunidades, baixo o título Escola virtual de Igualdade e oportunidades e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), expón ata o 9 de decembro a mostra A batalla dos xéneros, que se mergulla nos discursos xurdidos a partir das prácticas artísticas da década dos 70, e que trataban de poñer fin á sociedade patriarcal machista.


4.99/5 (82 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: