Xa se poden consultar na web os resumos das investigacións realizadas por persoal experto, no marco do proxecto Clicgal: as consecuencias do cambio climático sobre o clima, o medio mariño e o terrestre e a economía.
O proxecto forma parte do Plan Galego de Acción contra o Cambio Climático, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible para fomentar a investigación e a sensibilización sobre este tema e paliar os efectos do cambio climático.
Estanse a realizar diversos estudos multidisciplinares de carácter transversal, para integrar á vez a información e a experiencia de diversas institucións e centros de investigación. Estas investigacións do proxecto Cligal abordan as consecuencias do cambio climático no ámbito terrestre e no mariño, e xa as podemos consultar na web do Sistema de Información Ambiental (SIAM), á que se pode acceder por medio da da Consellaría de Medio Ambiente.
As pescudas estrutúranse en catro áreas: a meteoroloxía e o clima, o medio terrestre, a oceanografía e o medio peláxico, e a economía e os efectos nos sectores productivos. Os grupos de traballo, coordinados tecnicamente pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, están integrados por persoal das universidades de Vigo e Santiago, da unidade de Meteogalicia e o Cinam, do Centro Forestal de Lourizán, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, do Centro de Investigacións Mariñas, da Consellaría de Pesca, e do Instituto Español Oceanográfico.
Información dispoñíbel
No ámbito do clima podemos coñecer as cifras relacionadas coas precipitacións e as temperaturas dende 1950, e analizouse se o cambio na distribución intranual da chuvia repercutiu en variacións na frecuencia dos días de chuvias, ademais da frecuencia anual e estacional de temperaturas extremas máximas e mínimas, e as tendencias dos valores extremos diarios da temperatura e precipitacións.
En canto a ecosistemas mariños, poderemos coñecer os resultados das investigacións que demsotran como afecta o cambio climátrico a especies como sardiñas e anchoas; as variacións dos ventos do norte nos últimos anos; o aumento da temperatura das augas superficiais dos océanos debido ao quecemento global... E no ámbito terrestre, unha avaliación da seca meteorolóxica a escalas bimensuais.
Algo é algo. Semella estamos no bo camiño, inda que de momento non hai moito na páxina. Ademais o que hai é engorroso de abrir. Non agardedes nada parecido á páxina de http://www.inm.es. Non hai un acceso directo a información visual.
Nunca deberíamos estar más vigilantes que en los momentos en que se establece un nuevo dogma. La prensa, que prospera alentando el miedo, promueve esta amenaza inexistente con el mismo entusiasmo con que se refería a la inminencia de un ataque soviético durante la Guerra Fría, de común acuerdo con la industria armamentística. Hay dinero al alcance de la mano, o sea que, como dijo Talleyrand: “Enriqueceos.”
Y preparaos para desembolsar las compensaciones por el supuesto ahorro en carbono que suponen las inmensamente caras centrales nucleares que tan deseosos están de construir, con la finalidad de legar un mundo más limpio y fresquito a nuestros nietos.
Y de consenso científico por unanimidad. Nada de nada.
http://www.counterpunch.com/co...
O que hai é intereses económicos moi fortes para negar iso.
A maior parte dos científicos si que concordan na existencia do cambio climático e a súa relación coa acción humana, xa que nunca como agora, con diferencia abismal, se emitiran á terra, ao mar e á atmósfera sustancias contaminantes como agora.
Que o clima está a cambiar é unha evidencia incontestable. Que polo menos en parte, e quizais na súa totalidade, se debe á acción humana parece un feito, e así opina a maior parte dos científicos, malia as presións políticas e económicas en sentido contrario.
Rajoy, aquí non pasa nada, pero coido que xa podes tirar o paraugas, e tráeche o bañador para estes Nadais.
Elixir, non resposto a sandeces. Le un pouco opinións científicas e ecoloxistas (a ser posible en castelán ou galego, que se entende mellor) e non te deixes deslumbrar pola prensa pro-republicana estadounidense. É unha memez cargar contra a comunidade científica por defender unha teoría coma oun dogma. A teoría da gravidade está aí como un dogma e ninguén carga contra ela porque é doadamente comprobable. Se ti vivises en zonas onde neva, comprobarías que hai un quecemento forte dende hai 50 anos, o cal é un cambio ben visible e non se debe a ciclos climáticos, xa que son de menor duración (uns 30 anos todo o máis). Tamén che informo de que Greenpeace denunciou repetidas veces aos científicos que apoiaban que non había cambio climático por estar comprados por Exxon. Visitade http://www.exxonsecrets.com. Claro que un pode dubidar de Greenpeace, pero dase a casualidade de que algo sei do tema e vin as sandeces que dicían nun vídeo que daba o cambio climático por fraudulento. Estas eran do tipo: como este dato non encaixa cun aumento continuo de temperatura, non hai cambio climático, ou "hai mosquitos en todas partes de Europa, logo a malaria non existe alí porque son países desenvolvidos. Non se vai extender por que a temperatura aumente." Se non están procesados xa é porque os defenden ben. Saúdos e a ler máis sobre o tema.