A Universidade da Coruña acolle a vindeira semana unhas conferencias para tratar o tema do uso do galego nos medios de comunicación e como ferramenta para as conversas a nivel internacional.
Expertos en diversos ámbitos da cultura galega participarán os vindeiros días 7, 8 e 9 de novembro na cuarta edición das Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) e a Real Academia Galega (RAG), con financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña.
As xornadas, que contan xa con máis de 200 persoas inscritas, terán como escenario o Paraninfo da Reitoría da cidade herculina, e abordarán entre outros o tema da presenza do galego nos diferentes medios de comunicación, -prensa, radio e televisión- así como o seu uso na dobraxe e nos filmes de ficción. Tratarase de esclarecer cal é a posición que actualmente ocupa o noso idioma na prensa diaria e dixital, e a súa viabilidade á hora de obter beneficios.
Durante estes tres días de debate, tamén se falará sobre do uso da lingua como ferramenta de comunicación internacional, o prestixio que leva consigo o uso do idioma por parte dos medios de comunicación e a súa relación coa literatura e coa sociedade.
Que vaian tendo algúns datos da relación poder-comunicación (e que se fixen no uso do galego en cada caso, non vaia ser que o que realmente ocorre é a PENALIZACIÓN POLO USO DO GALEGO NOS MEDIOS:
(Datos recentemente publicados hai pouco máis de unha semán)
La Voz de Galicia, S.A. 967.782 €
Faro de Vigo, S.A.U. 385.374 €
El Progreso de Lugo, S.L. 175.798 €
Editorial Compostela, S.A 169.806 €
Editorial La Capital, S.L. 111.929 €
La Región, S.A. 108.070 €
Lérez Ediciones, S.L. 82.699 €
La Opinión de La Coruña, S.L. 54.611 €
Rías Baixas de Comunicación, S.A. 43.931 €
Radio Popular, S.A. 22.312 €
Canal Voz, S.L. 21.233 €
Radio Coruña, S.L. 21.224 €
Radio Galicia, S.A 16.200 €
Uniprex,S.A. 15.267 €
Radio Pontevedra, S.A 10.610 €
Vieiros información en rede, S.L. 10.446 €
Voz de Galicia Radio, S.A 6.610 €
Europa Press Delegaciones, S.A. 4.469 €
Interdix Galicia, S.L. 4.245 €
Telecable Compostela, S.A.U. 3.945 €
Radio Orense, S.A. 3.823 €
Axencia Galega de Noticias, S.A. 3.452 €
Ah! E que esses meios, a maioria, utilizam o "galego"? Nem sequer o "galego", o "galeguiÑo" das NOMIGa...
E aos que o utilizam bem e corretamente, como NOVAS DA GALIZA, nada! Ah, claro, é que é "português"...
Que diferença há entre o bipartido e o PPartido? Nenhuma!!!
Ha, ha, ha, ha, ... "impaís" de anãos!!!