Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A obra do monte Gaiás

A Fiscalía recorre o arquivo do caso 'Cidade da Cultura'

O Tribunal Superior de Xustiza considera prematuro rexeitar que se investiguen as posíbeis responsabilidades penais do anterior Goberno.

Redacción - 17:15 05/11/2007

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decidiu este luns recorrer o auto xudicial que arquivaba a denuncia da CIG sobre as contas da Cidade da Cultura. A Fiscalía basea a súa decisión en que considera “prematuro” arquivar o caso sobre as posíbeis responsabilidades penais da obra do monte Gaiás.

O feito de que na documentación achegada na denuncia “aparezan datos máis que suficientes” levan á Fiscalía a crer que se ha de “desenvolver unha investigación profunda, seria e pormenorizada de moitos dos aspectos relativos á obra, a súa adxudicación e o gasto”.

O venres fixérase pública a decisión do Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de arquivar o caso por considerar que non era constitutivo de delito a pesar de se teren detectado irregularidades. A petición presentáraa a CIG a consecuencia do informe negativo do Consello de Contas sobre a planificación do proxecto da Cidade da Cultura do anterior Goberno.


4,89/5 (9 votos)

Comentarios (2)

linho #1 5/Novembro/2007 linho

¿Queren arquivar o caso?? Manda carallo, manda moito carallo!!

baltar69 #2 6/Novembro/2007 baltar69

coido que o caso da cidade da cultura é un asunto troncal da presente lexislatura, tanto polas implicacións políticas como polas sociais. non son xurista e como algúns de vos que o sodes non tomedes parte neste debate, de pouco vou eu enterarme. anque entendo que unha cousa é a separación de poderes e outra moi distinta o roubo e o escalo do erario público.
fai uns días o presidente do pakistan vinculaba o novo autogolpe cas maniobras do poder xudicial para inmiscuirse na política do país asiático. é certo que non pode haber guerras intestinas nos aparatos do estado, pero as vinculacións, desvíos, contratacións, subcontratas, ampliacións de creto, e toda esa panoplia de irregularidaes que compoñen a historia da megalomaníaca edificación do monte gaiás ( dende o famoso concurso inicial de ideas as vinculacións do clan cuíña e da constructora copasa cas obras ) teñen que ser investigadas e a millonada que está a custar toda esa tropelía ten que levarnos a descubrir o que é obvio para toda a cidadanía: que políticos, administradores e contructores se andan a achinar con estes tinglados.
e non vale unha investigación política coma a que se está a levar a cabo no parlamento, por que cando se mete man no diñeiro de todos estase a cometer un delito tipificado polo código penal. non pode un cargo aducir que a súa responsabilidade está delimitada polos votos, como o presidente da diputación de castellón. un delito é un delito. e de tódolos delitos que se pode cometer, roubar os administrados é o máis infame. así que búsquense probas e trabállese. nesto e en reganosa e na planta incineradora de sogama e en tantas outras cousas. por que eu xa estou cansado de que me rouben e soio vaian a trena os jichiños que mangaron uns bricks de viño en bertamiráns.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: