Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Polo exercicio en liberdade do diálogo"

A acusación pública non apreza que as reunións de Ibarretxe con Batasuna contitúan un delito

Ao tempo que a propia Fiscalía pide a súa absolución, en Galiza o Encontro Irmandiño acusa de motivacións políticas aos xuíces que abriron o proceso.

Redacción - 17:52 05/11/2007
O Lehendakari Ibarretxe

O Lehendakari Ibarretxe

Na mañá da segunda feira a Fiscalía presentaba un recurso contra a decisión del Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPB) de xulgar a Ibarretxe, así como aos dirixentes socialistas Patxi López e Rodolfo Ares, por se reuniren con dirixentes de Batasuna, após a súa ilegalización.

A fiscalía di que as xuntanzas que se fixeron durante o alto ao fogo de ETA e, polo tanto, non son delito. Neste sentido, a fiscalía tamén pediu a absolución dos cinco membros de Batasuna que participaron nas conversas: Arnaldo Otegi, Pernando Barrena, Juan José Petrikorena, Rufino Etxebarria e Olatz Dañobeitia.

O ministerio fiscal tamén pediu o arquivo da causa porque considera que non chega coa acusación popular, neste caso da Asociación Dignidad y Justicia e Foro de Ermua, para abrir un xuízo oral. De todos os xeitos o TSJPB desestimou a petición, argumentando que a xurisprudencia estabelece que o exercicio da acción popular ten a mesma facultade que a do ministerio fiscal.

Petición do Encontro Irmandiño
Despois de que O Tribunal Superior de Xustiza de País Vasco chamase ao Lehendakari Ibarretxe a declarar como suposto cómplice dun delito de colaboración en actos de enaltecemento da violencia, os comunicados de rexeitamento do feito fóronse sucedendo.

Esta semana o Encontro Irmandiño expresaba o seu "rexeitamento absoluto, nidio e rotundo" ao procesamento de Ibarretxe, considerando a actuación do tribunal español "un proceso de intrusismo político" contra "o exercicio en liberdade das competencias de diálogo do Lehendakari".


Documentos

0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

eugalego #1 5/Novembro/2007 eugalego

Esta é a democrácia da Espanha, Rubalcaba, de Ameijeiras, de Pepe Blanco, Tontiño...

INDEPENDÊNCIA E SOCIALISMO.

BonKarallan #2 5/Novembro/2007 BonKarallan

A que Garzón non chama a declarar a Zapatero, polo seu suposto diálogo con ETA...

Nese país raro que nos limita xeográfica é mais, política e económicamente, buscar a paz, por conta propia, é un delito.

Non teñen nin puta idea do que é Dereito, nin do que é legal. Por outra banda, eu coido que o que non é legal é xulgar ao lendakari. El pode falar con quen lle dé a gana. Fixerónlle unha humillación.

¡¡Xuíces ao paredón!! Se levanta a sesión

Oleiros_GZ #3 5/Novembro/2007 Oleiros_GZ

non me parece normal o que lle esta a pasar a Ibarretxe,e unha inxustiza,a xustiza do estado espanhol e un cachondeo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: