Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Continúa a rodaxe

'Os mortos van ás présas', tamén online

A nova web oficial que estrea o filme ofrécelle ao público como novidade a posibilidade de participar na rodaxe como extra.

Redacción - 19:27 05/11/2007
Titulo en castelán do filme

Titulo en castelán do filme

Despois dunha accidentada historia, o filme Os mortos van ás présas estrea web oficial. Aínda que se prevé que sexa bilingüe, polo de agora só se pode acceder á versión en castelán, aínda que se escolla a opción en galego. A páxina súmase ao blog que o director, Juan de la Cruz, leva escribindo dende comezos de ano sobre o proceso de elaboración do filme.

A páxina incorpora máis información ca a bitácora, reconvertida en caderno de rodaxe, como a sinopse, información sobre o equipo técnico e artístico, descargas... e tamén, como novidade, un concurso para participar como figurante no filme. A persoa gañadora poderá convivir durante dous días co persoal da película cos gastos pagos (agás o desprazamento até Ribadeo, lugar de rodaxe). Amais disto, agasallaranse cincuenta camisolas d'Os mortos van ás présas.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: