Foi detectado o envío a institutos de volumes dunha editorial financiada polo goberno rioxano que defende as "vantaxes" do franquismo ou a "curación" da homosexualidade.
En internet poden consultar o catálogo completo da editorial Libros Libres. Aló poden atopar por exemplo o volume Comprender e sandar a homosexualidade, escrito por Richard Cohen, e que presuntamente explica "como se pode pasar de ser homosexual a ser heterosexual". O texto di recoller testemuños de moitas persoas que "lograron realizar esa transición" e afirma ser "iluminador" e abrir "un horizonte de esperanza".
A formación sindical CCOO-Rioja denunciou esta semana que se atopou o envío de exemplares desta obra "homófoba" a centros de ensino da Rioxa. Critican que o executivo investiu arredor de dez mil euros na compra de obras publicadas por esta editorial e distribuídos dentro dunha suposta campaña de fomento da lectura. CCOO pídelle ao goberno do PP na Rioxa que explique "por que financia a ultradereita" e "contamina ideoloxicamente" os centros de ensino.
Paradoxalmente, desde a mesma web da editorial solicítanse adhesións á campaña de obxección contra a materia de Educación para a Cidadanía. No catálogo da editora tamén se inclúen obras contra o cambio climático, sobre a teoría da conspiración no 11M ou de exaltación das supostas bondades do treito franquista e contra a II República.
Uma demonstração de que o "franquismo" é melhor:
http://www.youtube.com/swf/l...
pois si hai estes follóns cos homosexuais, que non haberá cos bisexuais ou con aqueles que prefiren o sexo en grupo? ao prezo que se está a poñer a vida ( casa, coche, gin tonic, zapato mallorquín, o de lancome... ) non vai quedar outra que conformar familias multimembro donde tres ou catro homes convivan con tres ou catro mulleres e entre todos cuiden dos vástagos o mellor que poidan e sepan.
a mín gústanme moito as mulleres ( sobre todo algunhas ) pero xa me decatei que a miña economía non é suficiente para encarar unha familia típica ca miña namorada polo que terei que arrexuntar algún humano máis no asunto e poder chegar así a fin de mes. ah, si ricardo de la cierva viñera pagar os gastos!!!
Eche cousa do Rioja peleón...
Arrepiante. Esta é a democracia da Espanha.
Seguro q lhe parece bem á xerarquia católica. En troques de estar cos perseguidos, cos que sofren, cos oprimidos.... eles nom, eles fam q a vida dos homosexuais sexa tamém atacada por eles. Rouco Varela, arderas no inferno.
NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.
O Goberno da Rioxa que se deixe de caralladas e que reparta viño gratis.
Para min un "Campillo" por favor.