Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O peor ano para o exército desde a invasión

Case un milleiro de soldados dos EUA morreron en 2007 en Iraq

A situación complícase en Afganistán, onde un ataque matou 60 persoas, entre eles o líder da oposición ao presidente Karzai. A insurxencia nega estar por tras dese atentado.

Redacción - 09:00 07/11/2007

Malia ser considerado un dos meses máis tranquilos, no que a violencia se refire, desde o inicio da invasión, un total de 39 soldados estadounidenses morreron durante o pasado outubro en Iraq. Con todo, a prensa dos EUA sinala que o exército informou dun descenso significativo dos ataques recibidos durante as últimas semanas. De calquera xeito, a ducia de militares que perderon a vida desde este luns fai sumar xa 855 falecidos, co que o 2007 se convertería xa no peor ano para as tropas dos EUA en Iraq.

Por outro lado, desde Afganistán chega noticia este mércores do que é considerado coma o peor ataque acontecido desde a caída dos talibáns. A cifra oficial inicial contaba de 50 mortos, pero as últimas novas apuntan a un incremento do número de falecidos. O atentado foi realizado por un suicida que estoupou explosivos ao paso dunha delegación parlamentaria encabezada polo voceiro da oposición a Hamid Karzai. Mustafá Kazemi foi así asasinado cando visitaba a zona para falar cos veciños. Malia que de xeito inmediato o goberno acusou os rebeldes, desde o ámbito dos insurxentes enviouse comunicación aos medios negando a autoría.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

BonKarallan #1 7/Novembro/2007 BonKarallan

Aos iraquies, mellor non contalos porque son cifras "gastronómicas"

baltar69 #2 8/Novembro/2007 baltar69

os negros, os hispanos, os asiáticos... tódolos que se sentiron aguilloados polos soño usaméricano teñen que compralos seus dereitos, a súa nacionalidade occidental e democrática, con sangue. ca de eles e ca de milleiros e milleiros de cidadáns do orbe. non vou chorar por ningún de estes pretorianos que sirven catro anos para conquerir dereitos como asistencia médica ou acceso a función pública republicana, pero sí sinalar que non son realmente máis que peóns no xogo encarnizado do imperialismo. resulta triste comprender que non son os nosos mortos, pero que tampouco son os mortos de nadie: as álites as que serven, deprécianos como mercancía que son; os pobos nos que loitan ódianos como invasores iletrados e absurdos. nin xiquera as súas familias sinten a súa falla, irradiadas pola grosería patriótica e bandeiriforme dunhas fórmulas sociais alienantes até o absurdo. son soio mortos que se pudren o sol no deserto ou á choiva monzónica, extranos en todos sitios que regresan recompostos para desfiles en fila de ataúdes e fotos con luvas brancas e bronceado mariñeiro con ollos azuis sen sagacidade. morren coma o que son, coma reses que entran no matadeiro imaxinando que detrás de aquelas paredes brilantes e limpas toparan verdes pastos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: