Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os traballadores chineses terán vacacións pagadas

Vinte anos traballando para ter só quince días de vacacións

O executivo chinés estuda a nova regulación laboral e pediu a opinión da cidadanía. As vacacións terían de límite 15 días, e para chegar a eles débense traballar 20 anos seguidos.

Redacción - 12:54 07/11/2007
Outra fotografía de H@r@ld no seu Flickr

Outra fotografía de H@r@ld no seu Flickr

A través da web gobernamental e do xornal Shanghai Daily, o goberno chinés estalles a preguntar aos seus traballadores se estarían de acordo con este cambio. A necesidade de contar con vacacións pagadas xa se estuda en China dende 1991, e o país asiático conta cunha lei laboral que defende a súa existencia dende hai 12 anos, pero nunca se tiña dado o paso definitivo.

Terán que traballar 20 anos para poder ter 15 días de vacacións
Porén, aínda que é un importante este novo paso no sólido establecementos dos dereitos dos traballadores chineses, a mellora non se pode chamar espectacular, xa que durante os 10 primeiros anos de vida laboral o empregado só vai ter dereito a cinco días de vacacións pagadas; pasada a década poderá gozar de 10 días, e despois dun total de 20 anos traballando, poderá chegar ao límite previsto, 15 días.

O xornal Shanghai Daily aclara que non é preciso ter traballado sempre para o mesmo xefe, cun ano chega; aínda que non se especifica se o cómputo total de anos se vai realizar dende a entrada en vigor da lei, ou tendo en conta a vida laboral de cada traballador.

Ademais, neste días pagados non entran as xa existentes "semanas douradas" de vacacións (que son en realidade tres días, que se suman a outros catro correspondentes a dous fins de semana e ao Ano Novo Chinés, ao Día do Traballo e ao Día Nacional).

O problema das semanas douradas
Estabelecidas no 2000, as semanas douradas foron moi criticadas, porque nun comezo foron creadas para permitir aos cidadáns chineses viaxar polo seu país (aumentando o consumo interno), mais nos últimos anos China encheuse de turistas. Son tantos os que escollen estes días para facer unha viaxe polo país que as comunicacións e infraestruturas chinesas non poden absorber a demanda. Os prezos medran e moita xente está a pensar en quedar na casa.

A aprobación dunha norma específica que estabeleza exactamente unhas vacacións iguaias para todos (cun número exacto de días), contribuiría, segundo o goberno chinés, a terminar con estas complicacións.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

BonKarallan #1 7/Novembro/2007 BonKarallan

Supoño que sairían á rúa con armadura para pedir a opinión da cidadanía.

Eles mesmos engánanos como a chineses.

ulo #2 8/Novembro/2007 ulo

Vaia noticia, como se China fora unha excepcion.
A excepcion é a Europa Occidental.
Un ianqui para ter un mes de vacacions ten que traballar toda a súa vida, pois as vacacions nos USA estan ligados a antiguedade na empresa.... como en China.
Un xapones ten o mesmo problema. So se levan vinte ou trinta anos, chegan o mes; senon unha semana o como moito quince días.
A alguen que pensa que os USA son o paraíso, recomendolle que vexa un documental de Michael Moore e as comparanzas que fai no traballo, nos horarios de traballo, salarios, sanidade e vacacions cun traballador aleman... A conclusion a que chega unha traballadora ianqui é a de "eu quero ser alemá".
Isto non quere dicer que aqui non haxa problemas, o contrario, temolos e moitos; e un deles é que os gobernos queren que nos parezamos aos USA ou a China, acabando coas conquistas que temos os traballadores: seguridade social universal, vacacions pagas, dereito o seguro de desemprego (ainda coas limitacions que ten), etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: