Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REALITY SHOW EN VIVO

Serxio Pazos péchase nun autobús cun móbil conectado á rede

A campaña, posta en marcha por unha compañía de telefonía, pretende demostrar que se pode vivir unha semana comunicándose só con internet móbil.

Redacción - 13:25 07/11/2007
Serxio Pazos, no seu encerro voluntario

Serxio Pazos, no seu encerro voluntario

O actor ourensán Serxio Pazos meteuse este martes nun remolque transparente dun camión para demostrar que se pode vivir unha semana comunicándose só a través da internet por medio dun teléfono móbil. Todo o que lle aconteza pódese seguir en directo nunha páxina web, dende onde tamén se lle poden enviar mensaxes.

Pazos enfróntase a un difícil reto, pois non pode empregar o teléfono para facer chamadas nin para enviar mensaxes, e, dende o principio, o seu habitáculo está baleiro. Así que terá que conseguir todo o necesario para sobrevivir a través da rede. Para facer trocos dispón de cinco teléfonos móbiles de última xeración e un libro da escritora luguesa Marta Rivera de la Cruz.

Con este peculiar reality show en vivo, a compañía telefónica Vodafone pretende promocionar o seu servizo de conexión á internet. Pero a iniciativa tamén ten un lado solidario, pois recadaranse fondos para a Fundación ANAR de axuda a nenos e adolescentes en risco.

A viaxe comezou en Madrid, co gallo da feira da informática SIMO, e traerao a Galiza o xoves e o venres. O día 8 o autobús estará aparcado na praza do Obelisco, na Coruña, e o 9 no campus universitario da mesma cidade.


0/5 (0 votos)


Comentarios (6)

BonKarallan #1 7/Novembro/2007 BonKarallan

sobrevivirá

Anxo #2 7/Novembro/2007 Anxo

Na praza do Obelisco? Iso e novo. Serán no Cantón Grande xunto ao Obelisco.

alboiando #3 7/Novembro/2007 alboiando

que non saia do ómnibus...

Barcelos #4 7/Novembro/2007 Barcelos

http://www.turgalicia...

Xa non hai nin praza. Hai unha beirarrúa moi grande, pero supoño que aparcará en Rua Nova.

Polo que se ve, sen pan nin auga pódese vivir, sen móbil non.

Jatopardo #5 8/Novembro/2007 Jatopardo

Desde logo o que teñen que facer algúns para vivir.

BonKarallan #6 10/Novembro/2007 BonKarallan

Para vivir ben.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: