Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao tempo que a planta recibe permiso definitivo

A denuncia contra Reganosa chega á Comisión Europea

Willy Meyer, eurodeputado de Izquierda Unida, pediu que a Comisión se posicione sobre os incumprimentos da legalidade nos que incorre Reganosa.

Redacción - 09:00 08/11/2007

O feixe de incumprimentos atribuídos a Reganosa chegaron esta semana á Comisión Europea. Izquierda Unida solicitou en Bruxelas que a Comisión Europea opine sobre a situación dunha planta de gas que "vulnera múltiples disposicións legais, tanto estatais como comunitarias" no ámbito do medio ambiente e mesmo se despregou se ir acompañada do necesario estudio de impacto ambiental.

"Polas súas características e pola súa situación pode supoñer un gravísimo risco para a vida na zona, para a riqueza pesqueira da ría e para os postos de traballo que do mar dependen", expón IU na pregunta. O deputado Willy Meyer inclúe tamén na súa pregunta a denuncia de que as administracións "non realizasen estudo de impacto ambiental, malia o risco potencial, tal e como si llo esixiran pola contra en proxectos análogos en regasificadoras de Euskadi e a Comunidade Valenciana".

O representante de IU subliña tamén no escrito enviado á Eurocomisión que o feito de non contemplarse a saída rápida ao mar dos buques en caso de emerxencia, nin a zona de exclusión térmica arredor da planta, son incumprimentos graves da lexislación da Unión Europea.


Despois de medio ano funcionando, permiso definitivo


Este mércores, e logo de seis meses en probas, Reganosa recibiu a autorización final de funcionamento. O Ministerio de Industria remitiulle así a licenza definitiva, garantindo a súa integración na rede gasística estatal. O goberno español asegura así, e malia a longa lista de denuncias, que a planta cumpre con "todos os requirimentos legais esixíbeis".


5/5 (7 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 8/Novembro/2007 baltar69

gaias, sogama, reganosa...
mentras, o goberno de progreso entretense en viaxes e comidas da terceira edade a vez que vai solicitando estudos de opinión a politólogos e sociólogos para ver si, con este triste discurrir polos catro anos de lexislatura, se poderá homologar o resultado dentro de dous aniños. con tan pouco tempo na palestra xa acomodaron e fixeron súas todas aquelas actitudes contra as que tanto parecían loitar!!! entrevistas, recepcións, niñadas de asesores para este desfile fashion en audis aoito.
calquera aprendiz de conselleiro, calquera presidente futurible, tería na man, hoxe máis que nunca, pedras suficientes para derrumbalo teito da corrupción, da sinrazón, da prepotencia, da estulticia. pero estes non van a tentar tirar o que xa sinten como propio chiringuito. sacamos a uns e meteronse outros, coma esas niñadas de ratos das que alguén fala por ahí.
e pedrito arias vieira repetindo é decir dez veces por minuto como si fose chabeli iglesias.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: