De 28 asentos posíbeis, a voz galega no Congreso quedará en tan só 23 escanos, queixouse Francisco Jorquera, senador do BNG. Desde o goberno español admiten o problema, aínda que non explican se haberá vontade de corrixilo.
Nos últimos quince anos Galiza foi perdendo progresivamente representación no Congreso, desde un total de 27 asentos até os 23 que terá no momento en que se confirme, nas próximas eleccións xerais, que A Coruña perde un dos seus representantes.
O asunto foi tratado esta semana no Senado, ao fío dunha pregunta realizada polo senador galego Francisco Jorquera, quen lle pediu opinión ao goberno español sobre o paradoxo de que Galiza perda escanos ao tempo que o seu censo electoral aumenta. O senador do BNG reclamoulle ao executivo español medidas para que sexa o censo electoral real e non o censo de residentes o que se utilice como criterio para estabelecer o número de deputados.
"É unha incongruencia legal e política que lle afecta gravemente á saúde da democracia", laiouse Jorquera, sinalando que mentres os estranxeiros residentes non poden votar están contando igual á hora de asignar asentos no Congreso. Pola contra, os galegos no estranxeiro si poden votar pero paradoxalmente non son tidos en conta á hora de distribuír eses escanos.
O ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, recoñeceu que sería necesario debater o asunto, pero sinalou que "forma parte da Lei de Réxime Electoral Xeral, pactada por todos os grupos", e que debería ser afrontada cun debate similar. "Non digo que non sexa un debate pertinente, podemos telo, pero fagámolo ben e entre todos, para non facernos trampas no solitario", afirmou Rubalcaba.
Consenso no Parlamento para mudar a situación
A demanda fora tratado con éxito en días pasados na Cámara galega. A iniciativa fora levada ao Parlamento por Iago Tabarés, deputado do BNG e voceiro de Emigración, e aprobada unanimemente con emendas de PPdeG e PSdeG. Tabarés sinalou que o peso de Galiza "non se corresponde co seu peso electoral" e advertiu da "dubidosa constitucionalidade" desa situación "prexudicial" para o país. "É degradante para os galegos residentes no exterior e a súa condición de cidadáns", laiouse.
A iniciativa solicítalle ao Estado que dea os pasos necesarios, vía reforma electoral, para que se garanta o cómputo da cidadanía no exterior para a distribución de escanos entre cada circunscripción electoral, e tamén para fixárense o número de representantes das corporacións locais e os escanos de cada comunidade autónoma na Cámara Alta.
Subliñou Tabarés que de feito a lexislación xa non fala de "residentes ausentes" senón de "cidadáns no exterior". Na súa opinión, iso debe implicar dereitos que deben aparecer reflictidos no cálculo de necesidades, "no reparto do fondo de suficiencia e na distribución de representantes, senón falariamos de dereitos en precario". Lembrou ao respecto o paradoxo de que concellos como A Rúa ou Irixo perdan representantes ao tempo que gañan electores.
Como non podemos facer máis só dicir:
(meu voto = voto emigrante) quer dicir voto branco ou abtención.
Estannos a aplicar a lei do funil. Cada dia poden botar máis e de fóra en GZ (que polo xeral non votan nacionalista), cada día emigran máis dos de dentro (mocidade cualificada ou non mais en boa parte votante do nacionalismo) e escollemos menos escanos (os nacionalistas teñenno máis difícil para acdar acta de deputado).
O PSOE sabe que en Galiza nunca vai acontecer como en Cataluña, onde as xeracións novas votan ao nacionalismo de esquerdas e non teñen que emigrar e da noite para a mañá lles pasan de 2 a 10 escanos no congreso. Con Galiza iso non vai acontecer nunca pois non é posíbel e o PP tamén está contente co tema. Teremos que pagar tropecentosmil ducados, coma noutrora, para poder seguir enredando na política española.
Recoñezamolo, Quin trabucouse, nin o BNG nin Galiza son garantes contra da involución do estado, o PSOE deixanos fóra de xogo, estaría ben ver se a Extremadura lle aplicaron a mesma receita. A nós desde logo, aplicaronnos a de Rodríguez Ybarra, a do recorte de poder e representatividade dos nacionalismo peridericos. Clamaban por isto na Villa y Corete e nestes orzamentos xerais do estado tivo o BNG o seu último minuto de gloria, grazas ZP, grazas pola tua España plural Nafarroa style, as flores que che guindan os Susodetoros tesnas ben merecidiñas.
Xa non nos representa Zamora na corte, mais cando berran no medio da estepa, coma no 23-F en EH e CAT fortalecense, en GZ rodan cabezas, coma rodaron no parlamentiño as dos 3 do BN-PG no seu dia. Cando zoupe outro petroleiro contra das nosas costas non me chamedes para me axuntar nun outro "Nunca Máis" aos PSOE-UGT-CCOO e demáis progresía. No sindical coma no político excluennos sempre que poden e nós ainda por riba andamos de miñaxoias, para que eliminen todo aceno de reivindicación nacional os espabilados de sempre e logo veñan a nola meter doblada. Eche o que hai seguimos a zoupar contra da mesma pedra e non aprendemos, arrolannos con cantos de berce e uns estupendos orzamentos, mira ti, pra traer o AVE (o maior exemplo de paletismo mediatico q se mirou en tempo) e coa mesma apuntanse o tanto e logo deixannos fóra de xogo. Moita soret e moito vai ter q suar o BNG pra sacar 2.
Pero non quedamos en que o BNG non quere que os emigrantes e parentes non voten?
Pois hai que ser consecuentes. Que non voten e que non conten tampouco os escanos.
Non hai que pedir cinco deputados máis. Hai que pedir redución do censo electoral.
¡¡Que non voten os que non viven habitualmente aquí!!
A ver oh! non mistures churras con merinas. A día de hoxe o debate está en se lle dan a cidadanía aos netos non nos que xa están a votar os que xa están no CERA, por min ogalla non votaran nin os fillos mais contra diso xa nada se pode facer. O que si se pode facer é ter unha circunscripción eleitoral cun asignamento de escanos para os residentes ausentes, mais como non é así polo de agora pois terá que haber un numero de representantes polas circunscripcións provinciais proporcional ao número de elitores, isto por pura lóxica aritmética. Tería que haber pero, sendo realistas, imos ter outra aldraxe. Pasamos moito por alto a fraude que nos montaron co voto emigrante en Ourense naquelas autonomicas que gañou Fraga por vez primeira. A participación por esta provincia no voto emigrante medrou nun 30% sorpresivamente e en contraste co nivel dos votos efectuados nas demais provincias... era para montar a de diosencristo, unha folga o que fora, mais non! Tragamos coa fraude e botamos varias lexislaturas con Don Manuel machacandonos vivos. Agora, ainda que non se acenda negunha alarma é igual, maña laiaremonos de como deixaron as cousas, dunha burda alteración máis das regras de xogo para fodernos descaradamente.